Dans grève il y a rêve. Literalmente, na greve, na folga, hai un soño. Poida que ese soño non o ache hoxe, en Vigo, no medio dunha manifestación. Pero nin o meu, nin o de ninguén, está, de certo, nun traballo precarizado, nos EREs temporais, nas mentiras da macroeconomía, na flexibilidade ultraconservadora, na perda de dereitos laborais nin nos manexos do capitalismo máis fero. Nada diso é inevitábel. Nada diso debe ser o futuro.

Iso é, que o que tantas loitas e tantos mortos custou, o que nunca foi regalado, non nolo arrebaten coa nosa compracencia estes novos ditadores. Estaremos en Vigo e por Galiza, con ese soño.
Magóa para os optimistas, mais non acredito que o sistema sindical (CIG incluída) poda aportar xa nada nesta venda…un novo modelo económico…un novo modelo sindical, o resto bla, bla, bla.