Por que os galegos debemos pagar relixiosamente as misas dominicais da TVG?

6 Xul

Nunca, por máis que se preguntou no Parlamento, chegamos a saber cal foi o custe real da visita de Bieito XVI aquel novembro negro de 2010 a Santiago de Compostela. Testemuñas oculares puidemos certificar, en todo caso, o que aquilo resultou: un fiasco, un engano, un insulto á cidadanía, un negocio paupérrimo para os hostaleiros, a desoladora sensación de sermos unha sucursal vaticana nun país subdesenvolvido e a evidencia de que os dereitos de circulación, de liberdade de expresión, de culto relixioso, etc… non están debidamente garantidos, aquí, neste tempo.

Nos días da queda de Galicia Hoxe, o episodio papal volve a min como un refluxo gástrico indesexado. Podo ver a córvida figura do arcebispo e da curia compostelana, planeando coas ás estendidas, sobre a redacción na que decote escribo. E sei que nada mudou. Con eles non valen nin sacrificos nin inmolacións. Son insaciábeis.

Agora volve o Papa, a Madrid. Síntoo por eles, polos que teñan que ficar na capital de Espanha neses días. Comprobo que as consistencias argumentais da visita son parellas ás que se ergueron durante a excursión a Galicia: custe cero, cen millóns de beneficios e proxección da marca Madrid e España.

Abonda con visitar o portal web da denominada Jornada Mundial de la Juventud, JMJ, para comprobar que a JMJ é realmente un negociete eclesiástico, que en por riba utiliza o nome de Madrid (www.madrid11.com) con afán impositivo e categórico, e con absoluto menosprezo dos milleiros e milleiros de cidadáns, que habitan un outro Madrid 2011, que non é católico ou que nin sequera é crente. Poida que un Madrid ateo, musulmán, gay, indignado, mileurista agnóstico… Madrid hai mil…

Por se non abondaran as continuas imposicións da moral católica no espazo civil (as proclamas contra o aborto, contra a morte digna, contra as familias non heteronormativas, contra o ensino laico…) resulta que agora, grazas á noticia asinada por Daniel Domínguez no Faro de Vigo, entérome de que a retransmisión das misas por parte da Televisión de Galicia (TVG) vai custarnos aos contribuentes, en dous anos, 470.000 euracos.

Pensaba eu na miña candidez que todo era ben máis doado. Que era chegar, plantar unha cámara  nunha das ábsidas do templo, facer un plano do crego e un contraplano da parroquia de fregueses e xa. Pensei que as misas eran enlatadas ou que eran sempre a mesma, pois desde que teño uso de razón os contidos non mudaron. Imaxinaba, parvo eu, que eran as igrexas as que pagaban, a un módico prezo, o seu spot publicitario. Pero non. Son cinco mil euros por emisión, chacho. A produtora que se faga cargo do “servizo” deberá ademais untar o sacerdote, o coro e o templo, compostelán por decreto, que asuman o estrelato dominical. E así. Mentres se desmantela a educación, a sanidade pública, o tecido industrial; mentres a lingua e a cultura galega son sometidas a constante acoso político e mentres a Xunta continúa a impor o seu doloroso e destrutivo desleixo administrativo, velaí que a Igrexa xa amarrou a súa cota de visibilidade. Calquera outro orgullo ou fachenda está proscrita, pero non as súas turbas humanas, de exaltados fundamentalistas e as súas misas retransmitidas por imposición. O mantra da austeridade non rexe desta volta. E a difusión da doutrina de Bieito XVI, urbi et orbe, -as súas bombas de racimo dialécticas-, pagámola todas e todos os galegos relixiosamente. 570.000 euros. Acabo de facer a conta e sae só a quince céntimos por galego. Que son quince céntimos comparados coa gloria eterna que nos outorga a televisión pública galega? Pataca minuta, que diría Caneda.

About these ads

8 Respostas to “Por que os galegos debemos pagar relixiosamente as misas dominicais da TVG?”

  1. Berta Xullo 6, 2011 at 9:48 AM #

    Non pasa nada, a próxima vez que entre nunha igrexa meto a man na bolsa das propinas ou no pratiño ese das ofrendas á virxe e saco os meus quince céntimos deste ano e de todos os anteriores. E co que me saia merco algo sacrílego.

  2. Miguel Xullo 6, 2011 at 10:41 AM #

    Fran que grande sós, como diría a miña tía arxentina.
    Si los curas y frailes supieran……..

  3. Montenegro Xullo 7, 2011 at 2:56 PM #

    Todo el mundo tranquilo, ahora con lo que van sacar de vender el Calixtino en el mercado negro, lo de las misass media sí que va a ser pataca minuta.

  4. Alba Xullo 9, 2011 at 6:52 PM #

    Misas negras é o que toca… aix, vaia mundo este, dos dogmas excluíntes e as excusas máis pouco creibles para salvar a nosa pobre alma calumniada. Non irei a parar a ese lugar de ensoño que venden pero alomenos non teño o cargo de conciencia de axudar a empobrecer inda mais á poboación e á cultura; e iso moitos que suban a esas nubes, non poderán dicilo…

  5. Pailán Xullo 10, 2011 at 8:34 PM #

    Polo menos, as misas serán en galego, non? Ou haberá ‘libertá’?

  6. aser mendez Xullo 17, 2011 at 11:46 AM #

    Podias poñer unha foto de monseñor arnulfo romero co corazón rebentado, ou os mártires maristas de San Salvador acribillados polos paramilitares…vaiche mellor fotografar a mitra e a púrpura. Pois mira: hai que pagar pq vivimos en sociedade.Vós os progres pagades misas pra millóns de cidadáns, e nós católicos tm pagamos outras cousas-tm galicia hoxe,cousa que sinto deixar de pagar…menos desde que ti o deixaches.
    Non vale facer trampa.Como disto xa falamos, deixoche bibliografia:
    John Steinbeck: As uvas da ira
    John Dos Passos:O grande diñeiro

    Aí verás o real e non o anecdótico:as Hoovervilles,os okies…

    • aser mendez Xullo 17, 2011 at 12:04 PM #

      recomendado

      [1] Marshall Kirk y Hunter Madsen, After the Ball: How America Will Conquer its Fear & Hatred for Gays in the 90s (New York: Penguin Books USA, Inc., 1990),

  7. aser mendez Xullo 17, 2011 at 1:25 PM #

    ReligiososEn el conflicto perdieron la vida, varios sacerdotes y monjas de la Iglesia Católicos masacrados en El Salvador sen foto

    12 de marzo de 1977: El sacerdote jesuita Rutilio Grande, párroco de Aguilares, es asesinado en la carretera a El Paisnal junto con dos campesinos. El hecho fue atribuido a un escuadrón de la muerte. El arzobispo de San Salvador, Óscar Romero, condenó el crimen y convocó a una misa única que se celebró el 20 de marzo de 1977, en la Plaza Barrios de San Salvador, como protesta ante el asesinato del jesuita.
    11 de mayo de 1977: El sacerdote Alfonso Navarro Oviedo, párroco de la Colonia Miramonte de San Salvador es asesinado en su iglesia parroquial, junto a un muchacho que colaboraba como sacristán. La organización ultraderechista Unión Guerrera Blanca,

    se atribuyó la autoría del crimen.
    28 de noviembre de 1978: El sacerdote Ernesto Barrera Motto, que realizaba labores de pastoral obrera en Ciudad Delgado fue asesinado en San Salvador por la Guardia Nacional. El gobierno lo acusó de pertenecer a las Fuerzas Populares de Liberación “Farabundo Martí” (FPL) y de haber muerto en combate contra los cuerpos de seguridad.
    20 de enero de 1979: El sacerdote Octavio Ortiz fue asesinado en una casa de retiros en San Antonio Abad, San Salvador por la Guardia Nacional junto a 4 jóvenes, aspirantes al sacerdocio.
    20 de junio de 1979: El sacerdote Rafael Palacios fue asesinado en Santa Tecla, luego de haber recibido amenazas de muerte del grupo ultraderechista Unión Guerrera Blanca.
    4 de agosto de 1979: El sacerdote Alirio Napoléon Macías fue asesinado en la sacristía del templo parroquial de San Esteban Catarina, departamento de San Vicente. El hecho fue atribuido a un escuadrón de la muerte.
    24 de marzo de 1980: El arzobispo de San Salvador, Oscar Arnulfo Romero, fue asesinado mientras celebraba misa en la capilla del Hospital “Divina Providencia”. El hecho fue investigado por la Comisión de la Verdad que señalo como autores intelectuales del crimen a los ex militares Roberto D’abuisson y Álvaro Saravia.[7]
    Marzo de 1989: Es asesinado por comandos urbanos del FMLN Francisco Peccorini Letona, jesuita, columnista de El Diario de Hoy. Este hecho fue atribuido a un comando urbano del FMLN y corroborado en el informe de la Comisión de la Verdad
    2 de diciembre de 1980: Las religiosas norteamericanas Ita Ford, Maura Clarke, Dorothy Kazel y Jean Donovan, son violadas y asesinadas por soldados de la Guardia Nacional tras salir del Aeropuerto Internacional de San Salvador. El hecho fue investigado por la Comisión de la Verdad en su informe de 1993.[8] [9]
    16 de noviembre de 1989: Los sacerdotes jesuitas españoles, Ignacio Ellacuría, Ignacio Martín Baró, Segundo Montes, Amando López y Juan Ramón Moreno junto con el jesuita salvadoreño Joaquín López y López y las domésticas salvadoreñas, Elba y Celina Ramos que trabajaban con ellos, son masacrados por un escuadrón del Batallón Atlacatl de la Fuerza Armada de El Salvador dentro del campus de la Universidad Centroamericana “José Simeón Cañas”.[10] (Véase Mártires de la UCA)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.

Únete aos outros 146 segidores

%d bloggers like this: