Un país en lata

Aquí Roberto Vidal Bolaño, aquí o pobo, aquí un inimigo
Nunca, dun xeito tan radical e contemporáneo, abanearan, como están a abanear por obra e graza de Roberto Vidal Bolaño, os vimbios da celebración do 17 de maio. A oficialidade -Feijóo e a súa desacomplexada cuadrilla de demoledores da nación- asiste incómoda pero xa sen carauta, coa cara descuberta, aos lugares nos que deben escenificar a súa adhesion á lingua e á cultura galega: un teatro, mellor sitio n’acharan! Pero sentar fronte á memoria e á escrita luminosa de Vidal Bolaño e finxir que amas o idioma que el amou é unha impostura imposíbel de manter, nin para o mellor dos actores. Así que nese gap, nesa fenda de significado, máis aberta hoxe ca nunca, instáurase, ipso facto, unha dialéctica moi explícita. Onde está Vidal Bolaño está o pobo galego e, polo mesmo, todos os pobos do mundo. Onde está o home do chapeu anda a dignidade dun proxecto cultural colectivo hoxe ameazado. Atrás do nariz de pallaso está a rúa, a xente, o teatro, a literatura e un país, ou o que resta del. Quen non está aí está no outro lado, coma inimigo de todo iso.  É redutor, xa sei, pero é real.

O Día das Letras deste ano é un ballo in maschera no que, paradoxalmente, xa non hai baile nin máscaras. E é boa cousa saber quen é quen sobre as táboas do escenario. Poucas confusións caben xa, poucas ambigüidades, sobre todo da parte da oficialidade. Tales certezas doen pero, cando menos, non deixan espazos para a dúbida. A descuberta de Vidal Bolaño como autor/escritor, mercé á edición das súas Obras Completas en Edicións Positivas, é, ao meu ver, a principal herdanza que nos vai deixar o Día das Letras Galegas de 2013. A outra herdanza, propiciada polo propio RVB, poida que sen querelo, é a de cuestionar a propia celebración e as hipocrisías que aparella. O fume do 17 de maio, a explosión/implosión controlada dun sistema literario e dunha cultura normalizada, o balde de auga que limpa a beirarrúa durante unha semana.

Hai un autor, neste caso Vidal Bolaño, incómodo mesmo para quen debería arrogarse o seu discurso, a súa capacidade de construción. Nin toda a profesión o reclama nin toda a profesión lle devolve agora o que é de seu. Este país, xa se sabe, pode ser moi ingrato, e dobremente ingrato con quen non cala nin se prega nin amaga. É o caso. Vidal Bolaño é un recordatorio da conciencia sen roupaxes nin medias tintas. E hai que ver como proe iso! Unha integridade que fica na súa obra e que produciría reaccións alérxicas, por exemplo, en Feijóo, se Feijóo dera lido algunha obra de Vidal Bolaño algunha vez.

O 17 de maio inscríbese este ano nunha paisaxe de retrocesos que desnormaliza e agrisalla o noso presente. O organismo impulsor da celebración, a Real Academia Galega, vai camiño de se converter nun talk-show bochornoso, orfo da seriedade e do peso que lle corresponde ter. Os resortes legais para a defensa do galego están a se desmantelar. E o discurso liberticida arredor do idioma -a liberdade para escoller entre a morte violenta, o suicidio ou a eutanasia- emana desde os sumidoiros do pensamento reaccionario até o Valedor do Pobo e os xulgados, pasando polas consellarías e as secretarías xerais. Xa sen máscaras. É, de feito, o 17 de maio menos ritual, o que delata dun xeito máis cru e tremendista a realidade tétrica que agora nos toca vivir.

Por sorte, contamos con emblemas de resistencia unívocos e valiosísimos. Vidal Bolaño é un, Rosalía de Castro é outro. Nada do que eles fixeron pode ser reducido nin banalizado e iso é unha sorte. As súas obras son unicamente permeábeis á Historia e ás interpretacións da súa modernidade perenne. Pero non aos discursos malintencionados que os queiran apropiar, moito menos á avidez dos chupópteros, os vampiros da súa brillantez e do seu compromiso co pobo. Non é por acaso que os nomes de Rosalía e Roberto ficaron unidos en máis dunha ocasión, sobre todo naquela peza do dramaturgo de Vista Alegre, Agasallo de sombras, que removeu o rosalianismo canónico e mixiricas, e que amolou a prebostes dunha e doutra parte, encentando un ostracismo no que se recluíu a obra e figura do escritor.

Este ano, no que se conmemora o sesquicentenario de Cantares Gallegos, a policía tivo que protexer as autoridades que asistiron a senllos actos celebratorios. En parte é un orgullo e unha constatación do que unha e outro representan. E un punto de inflexión. Dentro e fóra cairon as carautas. Temos, en Rosalía e Roberto, o exemplo de quen non calou. O Día das Letras Galegas non pode ser máis unha coartada para o conforto mediático e institucional. Pasaron 50 anos da súa institución, en 1963, e os modos de antano non serven xa. Nin na Academia nin nas autoridades imos achar a saída. Si na man da cidadanía, do pobo que Rosalía e Roberto representan. En nós, só en nós.

Juárez, o negacionista (ou os escraches á dignidade)
Postos a deitar argumentos inconsistentes vou con un. Núñez Feijóo é igual ca Isabel Pantoja porque os dous usan lentes de sol Ray-Ban. Máis cousas en común: moitos espectadores do Luar son seareiros das súas actuacións, os dous teñen amizades perigosas, nin un nin outra teñen pelo no peito, e os dous din en México cousas que non se atreven a dicir en España. Hai outra evidencia que os vencella de maneira ineluctábel, a letra de Marinero de luces

“Marinero de luces, con alma de fuego y espalda morena/

Se quedó tu velero perdido en los mares/

Varado en la arena…”

Semella, nunha análise semiótica,  feita sen moitos reparos, que hai neste retrouso claras alusións ás travesías mareiras de Feijóo e Marcial Dorado, ou mesmo unha referencia encriptada a actividades ilícitas coma o contrabando. Todo isto, pola vía da lóxica surreal aplicada polo Partido Popular, deviría en dous asertos principais: 1) Feijóo merece cadea por blanqueo de cartos e 2) Pantoja é presidenta da Xunta -por moito que os do NON (aka. Bloque) queiran estragar o góstele das súas senlleirísimas galas na Televisión de Galicia-.Até aquí a brincadeira. Ocorre que esa lóxica surreal do PP -pola que, nun minuto e sen esforzo, logrei emparentar un político en apuros e unha tonadillera xa desempurada- non serve máis que para iso, para as brincadeiras. Pero non vos riades, como dicía Castelao, porque o conto é triste. A consigna de igualar o nazismo coa práctica dos escraches cobrouse hoxe unha nova vítima: o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez. Leo en El País que Juárez, na senda nutricia de Dolores Cospedal, tamén cre que a denuncia activa diante dos domicilios dos políticos é nazismo.

Tal ignorancia e desprezo polas vítimas reais do nazismo non sería máis que un insulto se quen sostén tal barbaridade non ostentara ademais, coma político, unha representación legal dos cidadáns. Juárez e Cospedal, e os que seguen esa liña absurda de argumentación, están a practicar un negacionismo que, ao meu ver, é constitutivo de delito. Comparar unha protesta na rúa -por moi intrusiva ou incómoda que sexa- coa aniquilación sistemática de millóns de persoas non só putea a realidade dos feitos senón que banaliza o horror. E, alomenos para min, banalizar o horror é o mesmo que negalo.

Non penso explicar aquí o que supuxo para Europa o ascenso do nazismo, e o modus operandi daquelas hostes fóbicas que mudaron o rumbo do continente e da Historia. Pero si sería ben que Juárez lembrara unha cousa. O nazismo non eran grupos de veciños organizados, que atacaban as vivendas dos xudeus. O nazismo foi a expresión dun horror aínda maior e inédito até daquela: todo un aparato de Estado púxose entón ao dispor da aniquilación e da guerra. O exterminio era a única razón de Estado, e ese masacre dirixido -deseñado friamente arredor dunha mesa, unha sorte de consello de ministros- asentouse en leis restritivas (ao primeiro), promulgadas desde o poder, e estourou depois na militarización da sociedade pola vía do medo e da imposición.

Insisto. Resulta tan indigno e inxusto equiparar as protestas civís coa besta na que aniñou o Holocausto que, fóra do descrédito que estas aseveracións botan sobre os negacionistas, só nos resta recomendarlle a Juárez -o que decreta as cargas policiais contra cidadáns indefensos, por certo- que lea, que lea moito, ou que vexa algunha película. Os nazis e o seus acólitos fascistas queimaban libros na Coruña, moi preto do que hoxe é a delegación do Goberno. Contouno moi ben Manuel Rivas n’Os libros arden mal. Hoxe o fascismo neoliberal non queima libros, pero si os evita como se queimaran. Quizais non sería unha mala idea remitirlle a Samuel Juárez esa gran novela de Rivas, ou un manual de Historia no que, simplemente, se conten as cousas como foron.  Ao mellor considérase escrache, e polo tanto nazismo, pero eu penso mandarlle a Juárez Se isto é un home, de Primo Levi á delegación do Goberno. Apuntade o enderezo:

Samuel Juárez

Delegado do Goberno en Galicia

Praza de Ourense, nº11, 15071 A CORUÑA

O que sei de Carlos
Coñezo a Carlos Calvo dese xeito osmótico no que se coñece á xente en Santiago. Sabemos quen somos aínda que non medien as presentacións. Temos amigos comúns, coincidimos nos mesmos lugares e, en moitos casos, habitamos o mesmo país, porque xeografía hai unha pero países hai moitos. De Carlos Calvo sei ademáis que é xornalista, coma min, e lembro a súa sinatura no Novas da Galiza, xornal mensual ao que, hai ben de anos, estou suscrito e do que el integrou o Consello de Redacción. Sei tamén que Carlos está  preso agora en Madrid, dispersado nun rexime especial, sen garantías, sometido a incomunicación e afastado da súa familia e de quen o quere. Seis meses xa de prisión preventiva, suxeito á arbitrariedade dunha kafkiana Lei Antiterrorista. Recaen sobre el nebulosas acusacións de “pertenza a organización terrorista”, un virtual e suposto colectivo que, até onde eu sei, non foi aínda recoñecido por sentenza ningunha de ningún tribunal, fóra da sentenza que ditan os medios de comunicación, correa de transmisión da estratexia do Estado contra o independentismo. Ese fallo condeatorio, que raramente respecta a presunción de inocencia, é todo o que sei sobre a implicación de Carlos Calvo nunha inopinada e suposta trama terrorista en Galicia.

Pero sei outras cousas. Sei que moitos de nós asinariamos, sen dubidar, unha petición de Change.org ou de Amnistía Internacional para que fora liberado un xornalista curdo, ou sirio, ou venezolano, ou marroquino, que leva meses encarcerado sen probas nin fundamentos legais. E sei que a indignación pola inxustiza é, moitas veces, directamente proporcional á distancia na que esta se produce. Tamén a solidariedade.

Hai dez anos, en 2003, lémbroo perfectamente, por orde do xuíz Del Olmo da Audiencia Nacional, o mesmo tribunal de orixe franquista que hoxe mantén illado a Carlos Calvo, decretouse a clausura do xornal vasco Egunkaria. Xornalistas e membros do consello de redacción dese medio, todos eles destacados activistas pola lingua e a cultura do seu país, foron apreixados por suposta pertenza a un entramado empresarial de apoio a ETA. Os bens do diario foron liquidados e o ataque duplo, á liberdade de expresión e á presunción de inocencia, derivou nun proceso delirante, mesmo con denuncias de tortura, que remataría só en 2010 coa absolución plena dos acusados. «Las acusaciones no han probado que los procesados tengan la más mínima relación con ETA, lo que por sí determina la absolución con todos los pronunciamientos favorables», ditou entón a Xustiza, se así pode ser chamada.

Para aquel caso, como para o de Carlos, válenme os mesmos axiomas universais, irrefutábeis. Sen probas non hai xustiza e sen xuízo non hai culpábeis. Haberá que agardar sete anos, coma no caso de Egunkaria, para desmontar unha acusación da que ignoramos o seu fundamento? Pode alguén permanecer preso de xeito preventivo sometido a unha lei de excepción? Querer que Carlos Calvo volte para a súa casa mentres un xuízo non ditamina a súa implicación nos delitos que se lle imputan é só querer que o sistema que garante os nosos dereitos e liberdades actúe como debe actuar. E por iso eu quero que volte, porque a súa liberdade é tamén a garantía da miña liberdade.

(*) Este texto foi publicado no blogue devoltaparaloureda.wordpress.com, que mantén a Rede de Apoio a Carlos Calvo

A aterraxe forzosa de Pedro Almodóvar
INANE, adx. Que carece de valor, interese, transcendencia ou importancia.

cf. banal, insubstancial, inútil, trivial, van, vacuo.

Inane é un cualificativo un pouco pedante e feo, pero confeso que se me  instalou na cabeza durante toda a metraxe de Los amantes pasajeros, a nova película de Pedro Almodóvar. Evitei ler as críticas da estrea, maiormente a do irritante señor Boyero. En Prisa han de estar contentes coa creación deste acontecemento informativo anual, tan ben simulado, e que tantos impactos lle procura na páxina web de El País: crítico de cine, acedo e despiadado, destroza sen dolor e con irrespectuosa mala baba o novo filme do gran director español. O resultado: o efecto rebote e a mellor estrea en taquilla de toda a filmografía do director manchego. En realidade Almodóvar debería contar, na súa próxima longametraxe, a número 20, a historia dun crítico de cine fracasado, que tenta botar abaixo, sen compaixón, a obra mestra dun realizador consagrado. Pecharíase o círculo, e a exigua industria española do cine aplaudiría coas orellas. E Televisión Española tamén. Pero imos a Los amantes pasajeros  e  a súa aterraxe forzosa.O pior que se pode dicir do novo filme de Almodóvar é que non achega absolutamente nada á extensa filmografía dun autor que dixo moito e moi ben no discurso narrativo contemporáneo internacional. Aquí, porén, deita unha revisión autoparódica e superficial, sen alma, dos tópicos máis celebrados do seu cinema. Conscientemente almodovariana, pero no mal sentido do termo. Unha comedia? Síntoo pola xente que deu risas, mais eu non dei. Tanta autorreferencialidade e tal ausencia de historia e de personaxes impedíronme, case desde o principio, entrar na película como eu quixera. Só o traballo dos actores, pois nin sequera a posta en escena nin a dirección artística responden ao estándar de calidade do seu autor, salva o filme do despropósito.

Batín con críticas moi positivas que enxalzan o que de social hai no filme. Catro alusións á corrupción e ás estafas financeiras, e un aeroporto baleiro -emblema da especulación inmobiliaria- non xustifican, ao meu ver, esa etiqueta de social á que por outra parte Almodóvar sempre foi conscientemente alleo, malia que filmes como Qué he hecho yo para merecer esto? lle procuraran un lugar de relevo na crónica social da España dos oitenta.

A editorial Cátedra vén de publicar un interesante ensaio do profesor Anxo Abuín, da Universidade de Santiago, titulado El teatro en el cine (2012). Fican aí os fitos da relación espellada de dous medios expresivos condeados a se entender, o cinema e o teatro. Almodóvar merece un capítulo íntegro, o derradeiro, deste repaso. Citando a Allinson, M. (2001), Abuín fala aí do xénero sexual coma un “constructo móbil no que a identidade se ve envolvida nun xogo de apariencias e seducción, nunha mascarada na que o ser humano emprende unha búsqueda sen fin da autenticidade a través da oposición mostración/ocultación”. Ocorre que aquí non hai autenticidade, nunca, e por iso o xogo, a mascarada, a representación, o bategar de ás dos tres aeromozos do voo da compañía Península, queda reducido a iso, a un bategar de ás. A afectación, a representación, mesmo a sublimación kitsch poden ser auténticas -máis reais do que o real-, e iso está na base da ollada camp e subversiva de Almodóvar. Pero non aquí. Aquí non hai substento, por desgraza. Nin materia. Todo é tan irrelevante e tan banal que mete medo.

E a  transgresión? U-la transgresión? Aceptamos como transgresora a pluma, desprovista de substancia e contido? Ou é transgresor a clase business dun avión, posta de mescalina e follando en estetizados planos? Haberá quen ache iso hilarante, mesmo brutal, pero un espectador fiel, eu considérome tal e coñezo moitos outros, afeito ás verdadeiras provocacións do seu cine, non vai ver niso máis que a camisa da serpe, o rastro do que foi, unha emulación patética de momentos intensos e ultraverdadeiros de antano. De feito, e considéroo moi sintomático, Almodóvar renuncia neste filme ao que, se cadra, aínda podería resultar verdadeiramente transgresor para o gran público que esta fin de semana arrebentou as salas para ver Los amantes pasajeros: o sexo explícito entre homes, tal como el o filmou en La ley del deseo. Almodóvar, ignoro a intención, oculta o sexo homosexual -reclúeo na cabina do avión ou no cuartucho dos auxiliares de voo- e amosa en todo o seu esplendor o sexo heterosexual, de xeito case celebratorio. O sexo homosexual non só fica fóra da cámara -substituído aquí pola burda elipse dun protagonista que limpa, da comisura da boca, os restos de esperma- senón que destila conservadurismo e dependencia, nunha crítica velada, quizais, ao afán normalizador/estandarizador, que instaurou entre amplos sectores do colectivo gay a equiparación legal dos matrimonios entre persoas do mesmo sexo.

For como for, a película avanza sen xeito e cun humor gastado e frouxo até a secuencia final, redimida, só moi circunstancialmente, pola coreografía de I’m so excited, de The Pointer Sisters -asinada por Blanca Li- e pola canción que pecha o filme, The Look, un temazo de Metronomy que xa soaba por aí no verán de 2011. Como non son Boyero e ninguén me paga por desfolar a Almodóvar só agardo que volva, na súa vixésima película, a facer o que xa antes fixo: cine que explora os límites da emoción, conmovedor, que fai rir ou chorar, pero que é, sobre todo, verdadeiro na súa fabulosa e deliberada representación.

Aurelia contra os térmites (Eloxio do corpo a corpo)
Si yo pudiera, mocito,/ese trato se cerraba./Pero yo ya no soy yo./Ni mi casa es ya mi casa (García Lorca)

Ás veces paréceme que o tempo de hoxe -inzado de desconcerto e poucas seguranzas- quixera desmentir o paradigma do presente, que é a virtualidade. A crise, ao meu ver, xa a puxo en cuestión. Hai xente real que entra e sae de sitios reais. Todo o tempo. 2013 é a negación daquela existencia refractaria e absurda que alguén deu en chamar Second Life, segunda vida, e que foi unha fracasada reedición tecnolóxica do paraíso prometido polas relixións e os seus opiáceos valedores. Hoxe estamos na Primeira Vida, a única en realidade. As cousas pasan. E confeso que acho algo de conforto niso. A xente entra nos parlamentos e ergue a súa voz, irrompe nas asembleas nacionais, nos plenos municipais… As afectadas polas preferentes e a estulticia dos bancos fanse visíbeis na rúa. Os políticos saen tamén a rúa para dignificaren a súa ocupación. Hai desafiuzados que son fisicamente expulsados das súas casas, e hai xente que interpón o seu corpo físico, real (acontece estes días na Coruña, para impedir o desafiuzamento da cidadá Aurelia Rey) para paralizar esa inxustiza. Hai manifestacións diarias, ocúpanse espazos (o sector da escena galega toma hoxe por segunda xornada consecutiva a Cidade da Cultura) e a xente vaise, marcha traballar fóra. A menos fluxo de capitais, máis fluxo de persoas. E o corpo, como nos aprendeu Barbara Kruger, é o noso campo de batalla.

En paralelo a este proceso de corporeización da sociedade a palabra tamén se está a encarnar. As cousas dinse xa doutra maneira e todas as metáforas e alardes estilísticos que, até hoxe, foron ocultando a paisaxe da desfeita van ficando atrás, caíndo como se á realidade lle foran caíndo os veos durante a súa danza ao son da Historia. Os dogmas e estilizacións da linguaxe que, por exemplo no Estado español, encubriron a vergoña da Transición xa pouco ocultan. Nin a Coroa é exemplar, nin o Rei é un referente, nin España chegou a consenso ningún, como non fora os que estableceu sobre a amnesia do seu pasado, a ignorancia da súa diversidade nacional e a exaltación da corrupción como modus operandi xeralizado. Os cidadáns e as cidadás de hoxe somos coma aqueles escolares de antano que un día descubrían os misterios da vida e da humanidade na lámina en technicolor dun libro de ciencias naturais. Así que era isto! Daquela, coma hoxe acontece, descubriamos o noso propio corpo, a nosa anatomía, que era nosa pero era do resto tamén.

E esa é a evidencia. Estamos a recuperar o corpo. Por iso importa tanto a sanidade pública e de balde, porque nos decatamos de que é iso o que temos e que esa é a nosa forza, o corpo-nós… E estamos a recobrar as palabras, a encarnación dos pensamentos, do intelecto. E por esa razón é que se volveu indispensábel  combater polo alimento do futuro, que é a educación pública. E por iso xa só valen os medios de comunicación que son quen de acometer, con éxito, a transfusión de sangue-ideas-feitos ao corpo social, e non outros.

Quen nega este corpo a corpo do que falo xa sabemos quen son. Os que se atrincheiran nos seus despachos -nos bancos, nos organismos internacionais, nas sedes parlamentarias, nos partidos- para desde alí actuaren coma unha doenza sobre o corpo social: emails, mensaxes virtuais para pechar negocios, estatísticas de paro, decretos, estafas….

Quen arrenega do corpo a corpo son os subprodutos do clasismo, a Coroa en cabeza, que quixo que acreditaramos no sangue azul, na virtualidade do seu ser superior, na excelencia aristocrática, nun rol redentor hoxe xa felizmente desmentido pola súa miseria.

E quen deosta o corpo, porque representa o pecado e o pracer, e o corpo a corpo, hipocritamente sempre, é a Igrexa católica, que reserva a carnalidade para os tocamentos libidinosos catedralicios, o roubo de nenos, os abusos e a violencia sexual, pero que é incapaz de advertir o amor que predica en actos políticos e de xustiza como o de se encarar cos desafiuzamentos. Dixo algo a xerarquía católica sobre iso? Pronunciouse a curia, o arcebispo Rouco Varela, por exemplo, sobre a inmoralidade de deixar unha muller de oitenta e cinco anos sen casa? Alguén escoitou esa mensaxe de amor..? Son cristiáns de verdade? En que acreditan?

Todos eles, os políticos ao seu propio servizo, a Coroa, a Igrexa, os medios de comunicación que só empregan a palabra para cuspir e non para revelar, son os detractores do corpo a corpo e por iso hoxe, no tempo e no lugar do corpo a corpo, no aquí e agora que sofremos pero que tamén vivimos con abraio, resultan extemporáneos, ofensivos e prescindíbeis na súa mentira antisocial e lesiva.

Penso en Aurelia e no seu combate digno e silandeiro contra estes vellos inimigos do corpo e, polo mesmo, do amor, da forza do noso amor, aquela que, como cantou Novoneyra, non pode ser inútile. Aurelia contra os térmites, contra os que roen os alicerces da súa casa. E vénme á cabeza un poema fermoso de José Emilio Pacheco: Las termitas. Fica aquí porque estou certo do que se di nel: os térmites morrerán sepultados pola casa de todas as Aurelias deste país, abafados polo peso de todos os nosos corpos, sepultados na obra (destrutora) da súa vida. Amén. Así sexa.

LAS TERMITAS

A las termitas dijo su señor:

Derribad esa casa.

Y llevan no sé cuántas generaciones

de perforar, de taladrar sin sosiego.

Hormigas blancas como el Mal inocente,

esclavas ciegas y de incógnito:

dale que dale en nombre del deber,

muy por debajo de la alfombra,

sin exigir aplauso ni recompensa

y cada cual conforme con su trocito.

Millones de termitas se afanarán

hasta que llegue el día en que de repente

el edificio caiga hecho polvo.

Entonces las termitas perecerán

sepultadas en la obra de su vida.

O meu co galego é amor
O dato é insubstancial pero vén ao caso para o que quero contar. Eu empecei a falar galego, a lingua que era a miña sen eu o saber, a tarde antes de cumprir os dezaseis anos. Lembro que Estados Unidos invadira Panamá ese mesmo día e que asociei aquela acción bélica, cruenta e colonialista, cunha outra batalla, persoal, que para min principiaba nese momento nas aulas do Instituto Santa Irene de Vigo. Falar galego, naquel contexto urbano e incribelmente alérxico ao idioma deste país, non era proba ningunha de valentía, nin sequera de compromiso político, senón máis ben de excentricidade incomprensíbel. Por sorte a verba friqui non adquirira a súa dimensión actual así que fiquei sen o apelativo que buliría na cabeza da maioría das miñas compañeiras e compañeiros ao testemuñaren a miña súpeta mutación lingüística. “Pero, ¿éste friqui, hablando gallego…?”.

Falar galego, para min, foi como ir á guerra, falo en serio. Pero unha guerra das de antano, unha contenda medieval. O idioma era a a miña armadura. Protexíame tanto como me abafaba, dábame fachenda e seguridade. Pero á vez afogábame co seu peso desconsiderado. Para un rapaz de quince anos era moi difícil respirar con ese elmo perpetuamente sobre a cabeza. E foi daquela que din en pensar que ese sacrificio non era máis ca unha proba de amor. Amor doente e torturado, pode ser -froito da inoculación na miña alma dos principios católicos da escola primaria- pero amor ao fin e ao cabo. Mellorar a calidade dese romance, alimentalo, facelo medrar, compartilo de xeito construtivo, contalo a quen o quixo escoitar, foi, desde entón, un motor de min mesmo. Se se me disimula a rima interior: “O amor é o motor”. E aínda o é.

O amor, é verdade, nunca se impón e formúlase raramente na forma verbal do imperativo. Pero aprender a querer e a amar é o que facemos durante a vida toda. Amamos aínda máis o que escollemos por nós mesmos, non o que alguén nos impuxo. E a lingua galega obrigounos a moitas e a moitos de nós a esa elección. Velaí a orixe do noso orgullo e da nosa querenza. Quen non amou nin sabe como amar é digno de dó. E é por iso que cando sinto chegar, polo horizonte deste atribulado tempo noso, á brigada de demolición da lingua galega -a que, con Núñez Feijóo como destacado paladín, opera nos gobernos, nas rúas, nas escolas, nos xornais, nos xulgados, nas empresas…- sinto, por sobre a carraxe, o odio ou a indignación, unha sensación de mágoa que, menos mal, porque parvo non son, nunca chega a cristalizar en compaixón. Sinto pena deles, porque odian o galego, porque non o saben querer, pero non compaixón. Ninguén sente compaixón polos psicópatas, polas persoas/gobernantes incapaces de amosar empatía ou de ter remordementos polas súas accións. É o caso.

Non penso facer do meu amor polo galego unha relixión, moito menos un motivo para o celibato. Pero sei que cando todo falla ao redor sempre podes virar o rostro cara ao teu idioma e dicir: “ah, estás aí…”. Isto tampouco non o comprenderá nunca Núñez Feijóo, o que non dubidaría en levantarlle as saias a Rosalía e berrar diante dos seus amigotes: “Mira, no lleva bragas..!”. Iso, ou chantarlle unha bandeira de España diante do seu retrato, na Casa Museo de Padrón, tanto me ten a ofensa.

Quería rematar con dous documentos arredor deste excurso sobre o amor ao galego. Un deles é un texto de Eduardo Moreiras, extraído dun singular e alucinante libro, Follas de Vagar, un seu diario literario que reeditou A Nosa Terra en 2009. O texto fala dunha moza doente, que volve á casa para morrer. Non vos riades, que o conto é triste:

Viña de servir en Barcelona, moi maliña. Cando se sentou na cociña, deixou que lle entraran ben polos ollos, polas orellas, pola pel aberta, as mensaxes da fala que devecía ouvir, pouquiño a pouco foi sentíndose mellor. Sentía unha fonda ledicia, escoitando as verbas aquelas que soaban tan ben, as verbas fermosas ditas á beira do berce. Non que foran nada. Prosmeiradas. Pero, tras a sinxeleza, atinaba co rumor da canle onde a lingua se nutre. O seu ser doente fíxose claro como o día, e percorríano, dende a alma deica os ollos, estremecementos que, de non voltar á casa, xa non volveria sentir.

-E logo, tesouriño, vas beber ista cunca de leite?

-Si…

-Anda, que é da Morita e sentarache ben.

-Fala, mamá, fala. E deixa a porta aberta, que tamén quero ouvir falar a papá e aos nenos e a Liberata.

Unha semana despois, a rapaza finou. Era polo San Xohán e quería ir á festa co vestido novo que mercara en Barcelona.

Como non era a miña vontade rematar así, cun velorio emocionado pero tristeiro, quería compartir aquí unha desas probas de amor polo idioma deste país, que tanto confortan e que tan ben fan. Chegoume este día en forma de vídeo, por aí polas redes sociais, pero semella que viña do futuro. Filmouse en Paradela, Teixeiro, en agosto de 2012. Fai parte do Projeto Não Lugar. A realización é de Tiago Pereira e a produción de Aitana Eanes, Davide Salvado e MPAGDP. Os cativos son Os Fillos de Pepa A Loba, Iván, Diego e Cristian, e póñenlle voz e corazón a todo isto do que aquí falo. Tan pequenos son e xa saben o que é o amor.

(*) A ilustración dos dous reis a se bicaren foi tirada do blog da Biblioteca Sarmiento do IES de Curtis: http://sarmientobiblioteca.blogspot.com.es

2013: adeus ao desasosego, ola á guerra nos corazóns!
Por varias razóns en 2012 todo se volveu máis difícil. É a miña impresión e sospeito que a de todas e todos nós. Utilizamos, agora máis que nunca, esa expresión tan perversa de “gañar a vida”, coma se só o traballo lle dese valía e lle outorgase relevo e riqueza a aquilo que xa temos de serie, de xeito inevitable, fatal, pola nosa condición humana, que é a existencia. A vida non a gañamos grazas ao traballo, porque a vida témola gañada desde o primeiro momento, é nosa. E esa certeza de que a vida é nosa, que nos pertence, é unha das certezas que en 2012 abanearon mercé ao vento dos EREs, da precariedade e dos recortes.

No material ficamos máis desposuídos ca nunca, máis expostos e conscientes da nosa debilidade. Eramos man de obra barata, sempre o fomos; eramos obreiras e obreiros, sempre o fomos. O brillo do iPhone, a camisa cara que mercamos nun outlet pola metade do seu prezo, a entrada para un concerto que hoxe, ao mellor, xa non poderiamos pagar, os tres gintonics cun amigo, os voos baratos de Ryanair, os días luminosos nun hotel da praia… Certos hábitos e usos de vida, desa vida gañada co traballo, opacaron tal evidencia de clase. Ser galega ou galego engádelle a este axuste de contas un plus de pobreza e indefensión. A sensación é a de vivir nunha casa bombardeada ou asediada. En 2012 en moitas ocasións vímonos como esas bravas pioneiras do Oeste americano, que defenden cunha escopeta o valado que cerca un alpendre e unha leira erma con catro galiñas. Disparándolles aos bandoleiros (banqueiros e gobernantes) sen acabar de acertar no tiro e sen disuadilos das súas intencións, que é o peor.

2012 foi por esa razón, e outras, o ano do desasosego. O equilibrio ficou fóra de nós, a mercé do vento, das decisións de gobernantes ineptos e despóticos, de rescates e organismos internacionais. E o medo -porque a felicidade é só iso, seino, vivir sen medo- escoltou os nosos soños, día si, día tamén: o medo a non ter con que, o medo a ficar sen traballo ou non atopalo, o medo ao abatemento, a perder o pouco que temos, o medo, en suma, a unha infelicidade imposta, extramuros da nosa alma, da que non nos sentimos responsábeis nin merecedores. Quizais sexa só esa percepción, xa moi espallada, da inxustiza que se está a cometer coa xente, co pobo (que palabra máis fermosa a cada día que pasa!) a que fará de 2013 un ano mellor, poida que máis duro aínda, pero tamén menos compracente cos abusos. Non será o ano da revolución, estou case certo, pero guerra vai haber seguro en todos os corazóns.

Hai unhas palabras da poeta catalana Maria Merçè Marçal, que evoquei este 2012 en varias ocasións:

“A l’atzar agraeixo tres dons: haver nascut dona, de classe baixa i nació oprimida. I el tèrbol atzur de ser tres voltes rebel”.

O acaso, o azar, deulle a ela os tres dons de nacer muller, de clase baixa e nación oprimida. E con eses tres dons a posibilidade, representada por esa turbia e avoltada cor azul do mar, de ser tres veces rebelde. Este país quítanos todo, é certo, e tennos confinados nun exilio interior que non remata nunca, pero tamén nos dá a posibilidade de sermos tres veces rebeldes. E iso hai que aproveitalo.

O mesmo mar, o atzur de Maria Merçè Marçal, lambe o poema galego emblemático deste 2012, Deitado frente ao mar, de Celso Emilio Ferreiro:

“Língoa proletaria do meu pobo, eu fáloa porque si, porque me peta e quero…”

e aínda un outro poema do mexicano José Emilio Pacheco, co que meu irmán me felicitou o 2013:

lo que la arena dice al mar tal vez sea:

no te serenes nunca. tu belleza

es tu absoluto desconsuelo.

si encontraras sosiego perderías

tu condición de mar.

si te calmas

dejará de fluir el tiempo.

Poida que si, que este desasosego sexa o único que permita que o tempo flúa, e que sigamos aquí durante o ano que entra.

Remato xa. Quería concluír cunha canción. Había moitas pero optei por un clásico do cine musical, un número de claqué de Fred Astaire e Eleanor Powell, da película Broadway Melody (1940). Por que esta secuencia? Porque é tecnicamente perfecta; porque adoro a súa simetría e o seu equilibrio; porque flipo con esa alegría real, a que provoca o baile, non representada e si vivida; porque el non a leva a ela nin ela o leva a el; porque son iguais sen se asimilaren e poucas veces un baile deixa de estabelecer roles e rangos como aquí ocorre; porque no medio do caos e do desasosego que posibilita o fluír do tempo acharon un espazo/tempo no que rir; e porque bailar é, unha oportunidade, outra, que nos dá a vida para revoltármonos. Feliz 2013, meus!

Fofito’s paradise (A Transición española como Estertor Infinito)
Sentinlle dicir este día á escritora Fina Casalderrey que de cando era nena lembrábao todo, acontecera ou non. Citaba a Mark Twain, advertiuno ela mesma, o pai dese monumental personaxe que é Tom Sawyer. E fíxome acreditar, por un momento, na lúcida retro-omnisciencia que distingue os nenos que fomos dos adultos que levamos camiño de non ser. Adultos infantilizados, precarizados e medoñentos, que regresan sen un carto no peto á casa de papá e mamá, vulnerábeis a todos os pesadelos e sedentos de relatos e de ficcións que lle outorguen forma, algunha forma, ao devir caótico dos seus días. Para os que nacemos nesa  fronteira difusa entre o tardofranquismo e Naranjito, os que protagonizamos hoxe películas xeracionais e novelas posmodernas de asunto amoroso (o amor sempre é O Asunto), ese pesadelo que nos abate, o magma que petrifica o noso horizonte, non é outro que o chamado Espírito da Transición, periodo histórico xa mítico -pola súa inefábel pervivenza a través das décadas-, ao que hoxe quixen alcumar O Estertor Infinito.A Transición, o Espirito da Transición, imítase moito aos fenómenos paranormais daquela película, Poltergeist, porque a súa alma en pena leva camiño de non abandonar nunca máis o soar da España unha e sen fisuras, por moito exorcismo que se lle bote enriba. Nin sequera a patética representación natalicia dun monarca decrépito -a súa mensaxe de Noiteboa foi a menos vista nos últimos quince anos- parece quen de erosionar o mito/estafa dese “éxito de todos”, asentado na renuncia, na desmemoria, na traizón e no mínimo común múltiplo dos dereitos e das liberdades.

Por algunha razón, quizais porque o Espírito da Transición é o mantra inmobilizador por excelencia (o que impide a reformulación da Constitución e do putrefacto Estado español, o que mantén os privilexios vergoñentos da Igrexa católica e as prebendas de certa clase política enquistada no bipartidismo, o que autoriza a excepcionalidade da Audiencia Nacional e impón o acriticismo e o medo ás palabras) advirto que ese morto moi vivo é invocado, a cada volta, con máis forza. As manobras de reanimación do finadiño son xa frenéticas, como se houbera medo de que toda a trampa urdida ao seu redor fora definitivamente revelada neste momento tan austero e inoportuno.

Días atrás, ao primeiro só en Internet, e logo xa na televisión, unha marca de embutidos lanzou de xeito viral un anuncio que invoca e condensa maxistralmente o alento fedorento dese Estertor Infinito. O curriculum de todos, chámase, e fica aquí por se alguén, dubídoo, non o puido mirar aínda.

Non me apetece comentar o spot polo miúdo. Sorprendeume, iso si, a unanimidade na súa recepción. Editoriais na prensa loando O Espírito de Campofrío (sic) ou reputadas voces do xornalismo, como Ramón Lobo, glosando as marabillas humorísticas desta peza perversa, que é, ao meu ver, unha moi castiza e costumista revisión da Marca España, que perpetúa con eficacia eses valores da Transición dos que falo, Iñaki Gabilondo e Luis del Olmo incluídos, como emblema das dúas Españas reconciliadas (“Fofito, es que tiene toda la razón”, di Luis del Olmo logo de escoitar a Gabilondo falar de desafiuzamentos nun telexornal!). Arrepíame escoitarlle a Candela Peña: “¡Que exportamos la generación más preparada de nuestra historia..!”. E a resposta dos mozos, carrexando maletas e alleados na súa alegría migratoria: “¡Pero volveremos!”. Volveredes si, polo carallo volveredes…

Poida que o que convenza do anuncio sexa iso precisamente, a relativización da traxedia, o salto con pértiga por riba dos problemas reais, a banalización impúdica dos dramas diarios (“Campeona es ella, que con su pensión está manteniendo a sus hijos y a sus nietos”), a constatación de que a España lle abonda co seu superior “modo de vivir” para se mofar do resto con suficiencia e vivir a súa pobreza e atraso sen complexos nin traumas, en habendo triunfos deportivos e pallasos que fagan rir os españois, burlándose do parvos que son os demais.

Recoñezo que gran parte da miña aversión ao anuncio emana da figura de Fofito e dos Pallasos da Tele. Por desgraza, igual que todas as mulleres e homes da miña quinta, non fun un neno-Xabarín-Club e si un neno en branco e negro e único canal, redimido máis adiante, e algo tarde xa, por La Bola de Cristal. Igual que Mark Twain e Fina Casalderrey lémbroo todo da miña infancia, acontecera ou non. E lembro a profunda sensación de tristeza que deitaban en min Gabi, Miliki, Fofito e Milikito, as súas cancións ridículas e sexistas. Lembro o bocata de nocilla, o tic-tac dos deberes sen facer e a estupefacción diante daqueles nenos desatados, aos que os pallasos trataban de ustedes, que berraban “bieeeeeeeeeeeennnnn” si ou si, sen repararen no seu estado de ánimo real.

Nenas e nenos con xersei de pico e rostro conxestionado, que berraban moito, porque había que berrar moito, máis que o do lado. Nenos adestrados no grito que me facían pensar: “Algún día, máis adiante, topareime con estas nenas e nenos na miña vida, e berrarán moito, e dirán que todo está bieeeeennnnn, aínda que todo estea maaaaaal“. E así foi. As cativas e cativos que berraban bieeeen daquela, seguen hoxe a berrar bieeeen, ou Volveremos!, cun optimismo que desafía o equilibrio mental. Quizais é iso o que agora debemos entender por Benestar, o Fofito’s paradise, gritar beeeeeeeeen, con moita forza e acalando os demais, cando todo está maaaaaaaaal. Sempre, sempre, sen reparar nos culpábeis ou nos responsábeis.

No libro CT o la Cultura de la Transición. Crítica a 35 años de cultura española. (Debols!llo, 2012) Miqui Otero recrea no seu miniensaio CT y humor: la risa atada y bien desatada, un episodio ao parecer real e que contou tamén o xornalista de Intereconomía, Alfonso Arteseros, no seu libro España en mi memoria. Franco, Francisco Franco, era un dos máis conspicuos televidentes daquel Había una vez un circo. Franco, no Palacio del Pardo, gozando coma un neno inocente coas brincadeiras de Fofito. Ao parecer, cóntano Miqui Otero e o ínclito Arteseros, en certa ocasión houbo un incendio nos estudos de TVE e o Generalísimo marcou persoalmente o teléfono da emisora para se interesar polo estado do pallaso.

Hoxe Franco podería chamar a TVE, á Moncloa ou á Zarzuela e preguntar por Fofito, polo Rei Juan Carlos que el entronizou, polo Espírito da Transición e o seu Estertor Infinito e alguén lle diría: “todo como tú lo dejaste, Paco, atado y bien atado”. E Franco volvería aplaudir, coas súas mans artríticas e cheas de sangue, mentres un coro de españois, nun simpático anuncio de Campofrío, berra “bieeeeeeeeennn” á pregunta eterna dos Pallasos da Tele: “¿Cómo están ustedeeeeessss..?”.

Culturgal: obradoiro de autoestima para galegas/os
Ten que acontecer algo coma o Culturgal, esta fin de semana pasada en Pontevedra, para tirar a un do letargo e devolverlle unhas cantas razóns para poñer por escrito, neste blog, ideas que non teñan que ver co pesimismo, o desasosego, o túnel político polo que camiñamos, o latrocinio ou a precariedade laboral. Alguén virá axiña dar as cifras concretas desta edición, pero quen por alí pasou -foron milleiros e milleiros- puido observar xa os efectos non materiais desta feira única na paisaxe galega. Esta edición do Culturgal foi, cónstame, a máis voluntariosa, a que conseguiu máis con menos e a que reeditou, en versión prêt-à-porter, o milagre deste tempo noso: a multiplicación do pan e dos peixes. É mágoa que quen deseña as políticas culturais deste país non saiba tomar nota do moito que se pode lograr con enxeño, entrega e amor polo que se fai.

Dos expositores, showcases, presentacións de discos e libros, mesas redondas e debates no Pazo da Cultura de Pontevedra abrollarán, de seguro, froitos e acordos para o futuro. O modelo da feira, ao meu ver, vai achando a súa forma definitiva: unha sorte de bucle de retroalimentación no que o público alenta o desenvolvemento empresarial e as empresas culturais toman a temperatura dos consumidores. Sumado a iso Culturgal exerce un  inestimábel labor de creación de públicos novos -un polo xa fundamental deste encontro, que se cadra esixiría xa unha extensión en paralelo- e dota a cultura galega dunha compoñente socialite e festiva que se agradece. Quen concibe e organiza isto -todo o equipo do Culturgal- non só encarna esa miraxe de facernos vivir, durante unha fin de semana, na realidade inequívoca dunha cultura e dunha lingua normalizada. Non só. O que fan estas mulleres e homes do Culturgal é plantarnos un espello diante da cara e convidarnos a ver o que a crise, o desleixo e o desgoberno moitas veces nos impiden nin sequera imaxinar. Que somos quen e moi quen e que grazas a este xente, todas e todos os que estes días pasamos por alí, recibimos, de balde, un obradoiro de autoestima como pobo e como cultura, que nos rearma nesta travesía do neboeiro. Obrigado.

A homofobia sen coartadas e os muchos-amigos-gays
En verdade sentirse excluído/a da Constitución Española é xa mesmo unha obriga se:

1) es galego/a con conciencia de nación

2) queres falar a túa lingua no teu país, sen o sometemento por decreto á lingua común española

3) cres no dereito dos pobos a decidir sobre o seu destino

4) non acreditas na monarquía como forma viábel para a organización do Estado, moito menos como legado e imposición do franquismo

5) consideras que as normas están para seren mudadas e que un texto, que, en 1978, só votou afirmativamente o 27,7% do censo galego non pode ter carácter sacrosanto nin infalíbel

Mesmo así, o amparo outorgado polo Tribunal Constitucional ao matrimonio entre persoas do mesmo sexo -unha realidade xa recoñecida pola mudanza do Código Civil en 2005 impulsada por Zapatero- é un fito histórico. Porque desposúe ao Partido Popular -impulsor do recurso de inconstitucionalidade contra os casorios de gais e lesbianas, Núñez Feijóo á cabeza desa vergoñenta estratexia- da única coartada que enmascaraba a súa homofobia. Durante sete anos puideron apelar á incerteza legal, ao impropio da denominación, eludindo, pola vía da Carta Magna, o seu verdadeiro argumento contra a democratización plena do matrimonio… Hoxe o Opus, o Foro da Familia, o Partido Popular e todas as organizacións e franquías da Igrexa Católica ficaron espidos diante dos seus prexuízos e do seu odio.

A crise, en realidade, anda a propiciar a simplificación dos discursos. Remataron as metáforas e os alambiques. Por unha parte está ben. Sabemos o que hai, quen nos persegue, quen nos odia. Sabiámolo xa, pero sen carautas nin pretextos é moito mellor. Moitos militantes e simpatizantes do Partido Popular pregábanlle, estes días, o seu Deus para que o fallo do Constitucional fora exactamente o que foi. O recoñecemento e normalización das unións civís entre persoas do mesmo sexo impedía, de facto, unha volta atrás, fóra da complicación legal e o desemparo no que habían de ficar máis de vinte mil parellas, xa casadas, en todo o Estado. A hipocrisía non é patrimonio da direita, certo, pero si fai parte do seu modus operandi, da súa maneira de estar no mundo e de relatalo. A hipocrisía si fai parte do seu patrimonio moral.

Hoxe, no PP, hai quen acata a sentenza do TC coa mesma autosuficiencia e despotismo coa que din tolerar a existencia de gais e lesbianas. Arróganse a capacidade de tolerar. É curioso. Son elas e eles, os intolerantes, os fundamentalistas da familia católica, da moral vaticana inoculada nas institucións do Estado, os que toleran, permiten e acatan os direitos dos demais. Abonda dicir: “tengo muchos amigos gays” para abrir a veda dos insultos e das descualificacións contra eses supostos amigos. Eu, persoalmente, apenas teño amigos gais, e si moitos amigos e amigas heterosexuais. Debería tentar rebaixar, por iso, a súa condición de cidadáns..? debería, emboscado nesa amizade oportunista, explicar: “teño moitos amigos hetero aos que secretamente odio e considero que non son iguais a min, pero, ollo!, son os meus amigos….”.

Prefiro, por isto que expoño, esta antiquísima e, ao tempo, nova forma de homofobia: a que mata porque si, a que é irracional e non ten amarras, a do puro odio, a verdadeira, porque retrata moi sucintamente a quen a exerce… A do ministro de Interior e membro do Opus Dei, Jorge Fernández Díaz, por exemplo, unha máxima autoridade do Estado que despreza o fallo do Tribunal Constitucional, sen consecuencia ningunha. Ou a da prensa ultra, que negando a evidencia, refrendada polo TC, e apelando á Lei Natural, ao sentido común e á orde cósmica dos astros, deita sobre todos nós o lixo intoxicador das súas portadas. “Será constitucional, pero no es matrimonio”, titula La Gaceta/Intereconomía.

Réstame agora coñecer (e isto xa é unha preocupación miña, íntima e morbosa) a opinión sobre o fallo que ten Alberto Núñez Feijóo, presidente en funcións da Xunta de Galicia e un dos altos cargos do PP que avalou, con toda a súa jeta, o recurso de inconstitucionalidade contra o matrimonio gai. Saber que durante catro anos máis será presidente un señor intolerante e fóbico, que tentaba negar os meus dereitos civís pois a verdade é que non me resulta nin agradábel nin moralmente aceitábel. O mesmo deberon pensar, na altura, os seus muchos-amigos-gays, que os terá, seguro. “Joder, que amigo máis majo, que caga por riba miña e aínda o fai cun sorriso…”. Falo de Feijóo, o “casado con Galicia”, o que se declarou xa “evidentemente no” gai, o que conseguiu cifrar en só nove palabras un desafío á loxica do absurdo: “no tengo nada en contra de mis amigos homosexuales” (!!!!!)

Ignoro, en calquera caso, en que medida lle afectará esta sentenza a Feijóo. Ser é solteiro, así que agora poderá casar con quen queira e facelo legalmente, co amparo da Constitución Española, da que tan devoto é. Se quer, mesmo, poderá casar con alguén do seu mesmo sexo, alguén ao que secretamente odie, polo mero feito de ser homosexual. É un comezo inusual para un matrimonio, ben o sei, casar con alguén a quen odias. Pero o certo é que un sempre casa con alguén a quen ama, e mira ti como adoitan acabar as cousas.