Arquivos por etiqueta: política

Unha canción de amor contra a Galicia en ‘modo Sísifo’

25 Mai

Hai ese verso do poeta peruano que di: “Hoy no sufro como César Vallejo. Hoy sufro solamente”. Eis o meu sentimento. Hoxe non sufro como votante nacionalista, nin sequera como galego, sufro soamente. Sen “moderada satisfacción”, síntoo. E para sair do déjà-vu, do modo Sísifo no que andamos os galegos, da síndrome de Penélope, para afastarse desta nova oportunidade perdida e do bucle amolador de sempre non teño solucións. Minto, teño algunhas pero son persoais e relaciónanse, decote, con verbos como mudar, reinventar, seducir, revoltar…

Seguir lendo 

O soño da República, oitenta anos depois

12 Abr

14 de abril. La República, a serie que os luns emite TVE, é, por riba de todo, unha produción para o gran público, un folletín ben redixido, con máis acertos ca desacertos, con mellores e peores interpretacións, cun protagonista moi guapo, Félix Gómez, e cun loábel propósito didáctico: filtrar entre as leas amorosas dos seus personaxes un retrato cabal da II República española. Non é Berlin Alexanderplatz de Fassbinder, nin creo que o pretenda. Pero o que si consegue esta produción televisiva é transmitir, 80 anos depois, o poder icónico e o capital de entusiasmo que perdura no legado daquela controvertida aventura política. Seguir lendo 

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.

Únete aos outros 107 segidores