Un país en lata

31 Oct

“Dádeme dúas liñas escritas, do seu puño e letra, polo home máis honrado e acharei nelas motivo abondo para facelo encarcerar”

(Cardeal Richelieu)

Foron as latas de conserva as que levaron por primeira vez o nome deste país alén das nosas fronteiras. Latas que agochaban algo valioso pero en demasiadas ocasións deostado, a simbiose única dos nosos recursos e das mans obreiras que o manufacturaban. Este país foi e vai nesas latas. Un país enlatado, á espera de que alguén o abra. Todo o que ten fica aí, baixo esa lámina de ferro e estaño, que o conserva e o protexe pero tamén o reclúe e o invisibiliza. Quen teima en non abrir o recipiente sabe ben o que garda no seu interior, o froito de noso, o alimento da nación. Por iso este lugar na rede se chama Un pais en lata. Porque só quer, coas voces e as mans que axunte, remover a pexa, tirar do anel e recobrar o tesouro.

Un país en lata herda o espírito dun outro espazo web, Vai de blog, que durante sete anos me acolleu nas páxinas do xornal Galicia Hoxe. A censura arcebispal -a dos tétricos aprendices do cardeal Richelieu-, a extorsión reaccionaria e o déficit de dignidade da nosa prensa acabaron con ese proxecto que, nunha estraña cambadela, migra agora do papel onde naceu ao soporte dixital. E velaquí está, disposto a medrar e a contrariar, fóra do bote, extramuros dos silencios impostos e asumidos: cultura, política, medios de comunicación, iconas & other Galicia facts and topics.

15 Respostas to “Un país en lata”

  1. Chente e Conchi Novembro 1, 2010 ás 9:00 PM #

    Parabéns, Fran, por atopar o espazo para expresarte, desta volta si, con plena liberdade. Que así sexa.
    Nós sempre abriremos esas latas.

  2. Unha de Fornelos Novembro 1, 2010 ás 10:45 PM #

    Un pais en lata xa está nos meus “favoritos”. Fantástico para todos e todas as que botamos tanto de menos o Vai de Blog. Aquí, unha asídua lectora. Agardo xa as futuras entregas. Prometo difundir.

  3. xandra Novembro 2, 2010 ás 9:40 AM #

    Eu únome con todo o meu amor a este novo espazo, na espera de que non haxa dedo o suficientemente longo para que te sinale e te/nos condene. Moitas grazas por esta nova andaina, de novo poderemos gozar das túas palabras, tan acaídas sempre. Moita sorte!

  4. Novembro 2, 2010 ás 10:06 AM #

    Aquí tes un dedo máis para tirar do anel.

  5. emereci Novembro 2, 2010 ás 10:06 AM #

    Welcome back, compañeiro! Aquí estamos e aquí estaremos. Un bicazo

  6. Ana Estévez Novembro 2, 2010 ás 10:08 AM #

    Parabéns Fran! É fantástico saber que podemos continuar léndote desde este país en lata que coas túas palabras, contribúes a destapar. Sorte con esta iniciativa que ten desde xa unha “siareira”.

  7. Xavier Novembro 2, 2010 ás 10:19 AM #

    Considera que foron unhas vacacións, para argallar a unha salida diante da ignominia que te sinalou co dedo acusador. Agora, renovado nos teus alicerces, regresas para darnos o mellor de ti, que é moito e dunha beleza sen límite (a da liberdade de expresión das ideas propias). Parabéns pola páxina, que pasará a estar entre os meus referentes.

  8. Cavanardá Novembro 2, 2010 ás 11:30 AM #

    Voces como a túa, Fran, son máis necesarias que nunca para non cairmos en derrotismos paralisantes. Somos máis dos que parece e é preciso facelo visíbel. Apertas grandes! Desde xa, serei lector e difusor deste país en lata.
    Por certo, non sei se coñeces un poema de Luísa Castro, que cantou marabillosamente Pilocha: “O amor é unha sardiña en lata”. Coincidencia, pero esta mesma fin de semana estiven escoitándoa sen saber que o teu blogue se chamaría así🙂

  9. Cucha Novembro 2, 2010 ás 11:48 AM #

    Parabéns pola feliz idea, ‘Un país en lata’, xenial coma sempre Fran. Algúns teñen q decatarse dun demo dunha vez q pagar un soldo por un traballo non implica ser o teu amo. Xa abondou. Ánimo, que isto e vida!!!!!

  10. Monte Carmelo Novembro 2, 2010 ás 1:58 PM #

    Queridiño, a dignidade ten un prezo ás veces moi alto, ti sabes ben do que falo… Agora soamente tes que abrir a lata para que dela saia fresca escuma de boa escritura. Eu abrirei esa lata sempre que Ti ma sirvas, Unha aperta moi grande, quérote.

  11. noguerol Novembro 2, 2010 ás 4:13 PM #

    parabéns por seguir a escrita na liberdade da rede. Siga falando alto e claro

  12. Mary Jo Novembro 2, 2010 ás 4:26 PM #

    Que alegría poder seguir léndote. Que vaia todo moi ben

    • xandra Novembro 2, 2010 ás 10:01 PM #

      Como esta este inmundo. Força Fran eiqui a Fronte Popular de Judea está contigo. Miguel o teu compi de batallas dos venres. A por eles, a por todos eles, como diría a canción misioneira “no te importe la raza ni el color de la piel” se o merecen colgaos no blog

  13. Homasil Novembro 3, 2010 ás 3:47 PM #

    Unha nova lección de como facer revolución desde a resistencia. Unha nova lección de xornalismo, de liberdade, de integridade e de valentía. Non cambies nunca.

  14. Xosé Maroño Novembro 12, 2010 ás 3:55 PM #

    Parabéns, Fran, por continuares aí. Que saibas que son seguidor teu dende hai ben anos e non agardaba que censuraran o teu blogue, que tanto cómpre neste país de covardías alimentadas, ausencias clamorosas e sumisos. Coido que es, probábelmente, un dos dous mellores xornalistas creativos en lingua galega, que ti si estás aí, aprontando rostro e verbas, facendo país e cidadanía, un tipo moderno que di o que todos vemos e tantos que tiñan que dicir calan por emasculación intelectual. Irrenunciábel, cun dominio extraordinario do galego, Vai de Blog era unha referencia para quen procurabamos unha visión de vida e país que nos libertase desta brétema -a mera, peste dos cultivos- que nos asolaga dende hai tempo.
    NON PASARÁN, MEU
    APERTAS. QUE SAIBAS QUE ES UN DOS GRANDES. É CUESTIÓN DE TEMPO. NON TE ARREDES, RESISTE, QUE HA ALBOREAR AXIÑA.
    A MIÑA MÁIS ABSOLUTA ADMIRACIÓN, FRAN LORENZO.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: