V (Os visitantes do 6-N)

4 Nov

En V, na serie, tamén acontecía así. Ao primeiro todo era alegría, convivio e fraternidade universal. Logo rassss, tiraban a carauta e xa se vía a pel cuarteada do lagarto e as súas avesas intencións. Parece que o ovni invasor xa bota a súa sombra sobre as torres do Obradoiro. A Resistencia organízase e así o contan As laghartas do lavadoiro neste trailer sci-fi que estarrece. Titúlase V-Fóra lagharto invasor. E fica aí.

5 Respostas to “V (Os visitantes do 6-N)”

  1. Miguel de Vigo Novembro 4, 2010 ás 4:30 PM #

    Simplemente bestial. Mañá teño que ir a Santiago e xa estou medio acojonado despois de ver o vídeo das laghartas. Vou chamar agora mesmo a Donovan e a Julie para que me acosellen de como protexerme.

    • Ham Tyler Novembro 4, 2010 ás 5:50 PM #

      Sorte, porque aos composteláns non os salva nin Elizabeth Maxwell (The Starchild para os amigos).

  2. XABIER RON Novembro 5, 2010 ás 12:10 AM #

    BÁRBARO! EN COMPOSTELA HOXE, CUN FRONTÓN DE CASCOS AZUIS EN POSICIÓN LITÚRXICA PRE-BÉLICA, O TERROR ASOMABA NAS SÚAS OLLADAS AUSENTES…PERO OS NOSOS CÁNTICOS FORON QUEN DE ERGUERSE POR RIBA DO FRONTÓN…ENCÁNTAME O VIDEO!!

  3. laghartasdolavadoiro Novembro 9, 2010 ás 3:52 PM #

    Obrigadas pola bonita presentación do vídeo, e pola difusión!
    Estivemos tamén na batalha do 4, e na do 6, e si… seguiremos resistindo!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: