A suspensión da cidadanía na Compostela papal

5 Nov

“A Santiago vou/a Santiago vou/como un peregrino/polo camiño da información…”

Monseñor Barrio Barrio/Los Tamara

Sabelo de antemán non me libra do desacougo. A visita pastoral de Bieito XVI a Santiago, esa que subvencionamos e asumimos á forza, está a derivar nunha suspensión activa da cidadanía. Proscríbese o dereito á manifestación, o dereito á libre circulación e, aínda máis, vulnérase o principio de territorialidade, aquel polo que os estados son competentes para xulgar e sancionar os delitos cometidos no seu territorio. Anunciouno o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, cun candor arraiano do delirio. “Por un día”, tranquilos porque a soberanía só a cedemos “por un día”, as prazas de Compostela serán territorio vaticano. A Igrexa Católica terá competencias “legais e xuridiscionais” na Quintana, no Obradoiro, en Praterías, en Cervantes e na Praza da Inmaculada.

O imperio do Papa non será, xa que logo, simbólico. A súa imposición vai aínda máis alá. Áreas enteiras do Pazo de Raxoi -sede actual do Concello de Santiago, da Xunta de Galicia e do Consello da Cultura Galega, das nosas institucións- converteranse na embaixada ambulante dun Estado que simboliza a esclerose da Igrexa como institución e o triunfo da extorsión moral. O corazón desta cidade universal ficará secuestrado pola xerarquía eclesiástica. E ese rapto noxento deberán, segundo o edil, “asumilo e entendelo” os cidadáns de Santiago. E se os cidadáns non o entenden, nin o asumen, terán igualmente que calaren a boca, porque a Igrexa Católica é a portadora dunha única verdade que non admite réplica.

Con todo o cinismo que pode amparar unha sotana, o arcebispo de Santiago, monseñor Barrio Barrio, portador da mensaxe censora dos seus superiores, recibe os xornalistas no Centro Internacional de Prensa. Chámaos, chámanos, emulando a Los Tamara, “peregrinos da información”. E convídanos a ser “cooperantes da verdade”. Da súa verdade, é obvio. Outra non hai. E cando a outra verdade asoma, a incómoda, a que retrata a podre condición do seu poderoso lobby, daquela, todos os métodos son válidos para acalar os infieis. A cidade é súa, seu é o poder, e a gloria por sempre, señor.

5 Respostas to “A suspensión da cidadanía na Compostela papal”

  1. Carravilar Novembro 5, 2010 ás 7:06 PM #

    Como moi ben di Brétemas, tes máis razón ca un santo!

  2. alberto Novembro 5, 2010 ás 9:32 PM #

    Desculpas pola expresión pero todo esto só me produce vómito, Antón Louro, quien te ha visto y quien te ve. En Bugallo, mais comprensibél, por xenes, a sangue tira. Por certo que dí o BNG de que os seus concelleiros en Santiago aprobaran este despropósito?. O PP está que se sae…e os bares e pubs…24 horas abertos? pero que serven? auga bendita? viño de misa? alcohol? ah! e o da extra-territorialide…increíbel! pero non er esté un estado democrático de dereito…e laico?

  3. XABIER RON Novembro 5, 2010 ás 11:54 PM #

    Desde a Rede Galicia Laica denunciouse o propio bando asinado polo alcalde Bugallo, un exemplo de verdadeiro patetismo político.

  4. Miguel de Vigo Novembro 6, 2010 ás 6:02 PM #

    Difícil expresar con palabras o patético desta falta de liberdades. Se á mafia ou á camorra lle deixasen recibir así aos seus capos tamén o farían. Por iso non nos enganemos, o máis patético é que as institucións políticas dun Estado consintan, aplaudan e apoien, que os nosos dereitos fundamentais sexan pisoteados. Como se coreaba no intento de manifestación laica: ¡esta é a vosa democracia!

  5. Daniel T. F. Novembro 15, 2010 ás 8:52 PM #

    Perdoar po-lo meu galego, solo que engadir, que ata agora os partidarios do NAZISMO, foron perseguidos e castigados.
    O Papa foi recibido e venerado, cando foi un combatiente no exercito Aleman de Hitler.

    Como suposto Cristain, ante leises humans, que contradicen a enseñanza de Cristo, como: “no mataras”, ” amaras a Dios sobre todas las cosas y al projimo como a ti mismo”, aqui hay un principio de obediencia, integridade e fidelidade a Deus, y este Papa, en vez de obedecer a Dios como gebernante, obedeceu a o ome, mas ben que a Deus, facendo algo que Deus non aproba nin Xesús eseñou, ourtos preferiron ser encarcelados ou levados a campos de concentracion, antes de ser infieles a o Deuxs da Biblia e a os seus mandatos, porque como Cristian obedeceron a Deus como gebernante, non a o ome, que fai leises que contradicen ou estan en oposicion as de deux.

    Recordar que os Cristians do siglo primeiro, como os verdadeiros Cristians, que siguen ese mismo patron,seu ven supremo non e esta vida, por encima da vida esta a obedencia a Deus e as suas leises e mandatos, o que quere decir que son integros e gardan fidelidade, outros Cristians nominales, vulneran as leises de Deus, e obedecen as dos omes, porque prefieren vivir quebrantando as leises de Deus.

    Pero asi e a Igrexa católica, sempre a o lado do poderoso ende os tempos, vivindo con feudales nos palacios e fortalezas, esprotando a o campesinado. sempre facendo un bon Matrimonio cos politicos en calcar reximen, tanto totalitario como aperturista, pero sempre tirando a dereita.

    Es santiago e Barcelona veneraron a un soldado de Hitler.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: