Adeus ao Senhor do Adeus

13 Nov

Hai persoas que fan a alma dunha cidade. O Senhor do Adeus, a de Lisboa. Á noite, ou na mediodía, na zona do Saldanha ou no Restelo, João Manuel Serra acenáballe desde a beirarrúa aos coches que volvían a casa, chovera ou fixera calor. Un aceno simple, un saúdo e un sorriso, que os automobilistas respondían cunha pitada sonora. Fillo dunha familia de cartos, o Senhor do Adeus nunca precisou de traballar. Viaxou polo mundo e vivía de rendas. Metido nun gabán escuro, con óculos negros e o cabelo branco, a rúa era a súa casa, máis aínda desde que a súa nai, coa que vivía, morreu. Na rúa fuxíalle á soedade e cumprimentaba os descoñecidos. Este día, en Lisboa, centos de persoas reuníanse no mesmo lugar no que o sr. João deixou para sempre a súa pegada eterna, a que convertía unha grande avenida lisboeta na congostra dunha aldea calquera polo milagre humano do seu saúdo.

O aceno do Senhor do Adeus ficará gravado para sempre na alma da cidade e nun fermoso fado, O Homem do Saldanha, que vai no último disco do belo fadista Marco Rodrigues, Tantas Lisboas. Cántao á beira dun grande, Carlos do Carmo. E din os dous: “porque á noite, Lisboa sorri…”. Por obra e graza do Sr. João.

2 Respostas to “Adeus ao Senhor do Adeus”

  1. Néstor Novembro 14, 2010 ás 9:03 PM #

    É incríbel, isto só pode pasar en Lisboa. Pura poesía, que algúns dirán loucura.

  2. Alumnos/as de 4º Diversificación (Chapela) Novembro 17, 2010 ás 8:01 AM #

    Un adeus desde Chapela para João Manuel Serra. Incríbel pero certo. Querémoste! Encantounos Marco Rodrigues. Un bico moi forte.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: