Billarda sempre, adiante co Varal e valor!

26 Nov

Estou certo de que a presenza de Galicia na final dun certame internacional da canción, como o Liet, que mañá sábado se vai celebrar en Lorient (Bretaña), non vai ser recibido pola Xunta como un exemplo de internacionalización da nosa cultura. Nin van reparar. Internacionalizar para eles/as é proxectaren un powerpoint en Fitur, ou teimaren en que os cativos galicianos falen inglés aínda que non se poñan medios para iso, ou se lle ripen á fundamental aprendizaxe na súa propia lingua. Unha burda coartada, en definitiva. E por iso a Xunta, xa digo, nin vai reparar nisto.

Pero as cousas, neste país, ocorren porque hai quen as procura. E desta vez debémosllo á Liga Nacional de Billarda (LNB), unha entidade deportivo-cultural que non só está a recuperar o vizoso pasado do xogo tradicional da billarda ou estornela senón que implica ese labor nun contexto de defensa do noso idioma, da nosa cultura e da dignidade da nación. Eles, a xente d’O Varal (varal é o nome da porteiría neste deporte), promoveron a candidatura do grupo Mafia galega, o hip hop da diáspora en Xenebra, e agora o seu tema Billarda sempre, que fará parte de República billarda, un disco que prepara a LNB con temas de máis de vinte grupos galegos de hoxe, está na final polo ditame do xurado. Alí fican tamén voces en gaélico irlandés, gaélico escocés, feroés, vepsio, friulano, frisón, corso, sami, bretón e asturiano, unha Eurovisión das linguas minorizadas.

Billarda sempre, infórmannos nunha cumprida nota de prensa, “é o himno da Liga Nacional de Billarda, con letra do poeta Xavier Cordal e música de Paco, aka Don Mangante. Este lugués de nacemento está establecido en Suíza, onde xunto a El Chapucero creou o grupo I Love I Do. No festival presentaranse como Mafia Galega e serán o segundo grupo en saír ao escenario, onde contarán co apoio como mc e performer de Xermán Viluba, músico e un dos promotores da LNB”. Aquí fica o tema, o meu voto na web do Liet e o apoio incondicional dun eurofan minorizado.😉 Así que adiante co Varal e valor!

2 Respostas to “Billarda sempre, adiante co Varal e valor!”

  1. Xabier Ron Novembro 26, 2010 ás 1:15 PM #

    Cher ami, il est très bon cet article! E sitúanos nos eidos culturais que os elitistas tecnocráticos que nos desgobernan desprezan…apertas

  2. OVARAL Decembro 17, 2010 ás 4:29 PM #

    PÚXOSEME A PEL DE GALIÑA….Beizóns Fran!!

    xermán viluba.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: