Unha teoría (darwiniana) da beleza

28 Nov

TEDTalks é un podcast de vídeo que recolle intervencións de 18 minutos de, chamémolos así, líderes e facedores do pensamento mundial. Faría ben a consellería de Educación en recomendar estas cápsulas audiovisuais de sabedoría para os rapaces do ensino secundario. De paso practicarían o inglés a serio sen necesidade de riparlle aulas á lingua galega. En fin. O que traio aquí é unha charla de Denis Dutton sobre a beleza. Está a beleza no ollo de quen mira, do observador (the eye of the beholder, di) ou fai parte de algo humano, máis profundo? Se é unha construción cultural porque todos reaccionamos de maneira parella diante dunha paisaxe ou dunha obra de arte? E por que os prehistóricos e prehistóricas xa andaban á procura das cousas fermosas? Dutton acode a Darwin e propón unha serie de respostas para estas preguntas.

A ponencia en cuestión vén co inestimábel acompañamento de ilustracións, realizadas polo animador Andrew Park, e textos ad hoc, que reproducen as frases clave do orador. Que quero dicir? Que até eu, co meu paupérrimo inglés da aba do Castro de Vigo, e moito mellor nun segundo visionado😉, puiden comprender o que o bo de Dutton estaba a dicir. É unha miraxe, apenas sei inglés, pero abonda para sentirse ben, que non é pouco.

3 Respostas to “Unha teoría (darwiniana) da beleza”

  1. estíbaliz... Novembro 28, 2010 ás 5:42 PM #

    Unha nova contractura aos Cultural Studies. A xenética gana unha batalla máis, a da beleza. O envurullo de presentación é fantástico, todo cautivador, é xenial atopar isto na rede un domingo de novembro no que chove ata o aburrimento.
    Só un rabuñaciño de nada [ejem]: poñéndonos estupendas, molesta un chisco ver que, unha vez máis, o homo que fabrica os marabillosos machados non é senón un varón erectus no seu desexo de conquistar sexualmente a unha dama ergaster [or whatever]. Nunca nos animaremos de pensar que, quizais, nos machados, pinturas rupestres e demais, tamén meteron os dedos as mulleres? Parece que custa un pouco, pero imaxinemos a unha tipa batendo nunhas lascas por unha vez, por fi, Dutton…

    • franplorenzo Novembro 29, 2010 ás 10:21 AM #

      Estíbaliz, para min, iso último que comentas, a non presenza da muller nese relato, é a cruz da teoría da evolución, porque seguro que alguén ha buscar unha explicación ‘científica’ para o seu non-estar nesa altura. Ás veces, xa no presente, chégase ao extremo de negar a ‘autenticidade’ dos comportamentos ou realidades ‘mediatizadas’ pola cultura ou polos usos sociais e os investigadores caen nun esencialismo que, por exemplo, me pon especialmente nervioso cando se abordan temas como os do instinto maternal, o aparellamento e a sexualidade en xeral. En todo caso, a charla/lección de Dutton é unha marabilla. Unha aperta

      • estíbaliz... Novembro 30, 2010 ás 10:32 AM #

        Razón levas, si. Pasamos de crer que todo é cultura creada socialmente a buscar os trazos da cultura nas circunvolucións do cerebro. Pero bueno, coincido en que iso non desmerece a charla: o momento no que di que [cito de memoria] estamos afeitos a ver beleza no que está en xeral “ben feito”, é glorioso. Só falta outra charla que nos explique qué raios é que algo estea “well done” [sobre todo se pensamos en nomes da arte actual: Damien Hirst, Joel-Peter Witkin…].
        Grazas por descubrirnos o espazo das TEDtalks. Unha bica

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: