‘Malos tiempos para la lírica’

1 Dec

É un mantra algo sobado pero perfectamente válido para o tempo de hoxe. Son Malos tiempos para la lírica, o que cantaban os Golpes Bajos. Ás veces semella que unha confabulación de acasos vén traer ao presente imaxes e voces de antano. E por iso dou agora en falar aquí deles, ademirado.

O pasado día 25 converso cun chaval, Marcos, sobre unha acción artística colectiva -Movemento Irmandiño- que xa se desenvolveu na rúa Irmandiños de Vigo, unha aposta por recuperar un espazo abandonado pola autoridade municipal, que foi e é arteria da noite de Churruca. Marcos leva un local no número 13 da rúa, La Fiesta de los Maniquíes, que impulsa esta movida. O nome do garito xa me remite, é obvio, a aquela canción de Golpes Bajos, incluída no LP A Santa Compaña (Nuevos Medios, 1984). O tema, creo que é o que pecha o disco, puido ben integrarse no seu anterior traballo Golpes Bajos (Nuevos Medios, 1983), un minielepé de cinco temas (ficaban aí Malos tiempos para la lírica, No mires a los ojos de la gente o Tendré que salir algún día) pero deberon gardar o hit para engrosar o seu primeiro LP.

A portada do minielepé que deu a coñecer o grupo de Vigo -vencedor na altura dun concurso de maquetas/cassette de Rock Especial- era unha obra de Ceesepe. Na contraportada figuraba unha fotografía realizada por Mario Pacheco, o produtor de Nuevos Medios, a compañía que avalou o lanzamento dunha formación que camiñaba da par do pop internacional do momento. Pois ben, ese día no que La Fiesta de los Maniquíes volve ao meu caletre, coñecera pola mañá a morte de Pacheco, que non só foi o creador da etiqueta Nuevo Flamenco e editor dos traballos de Golpes Bajos ou La Mode, senón que publicou e distribuiu os traballos de The Smiths e New Order e facturou álbumes de Vainica Doble, o xa clásico Buena Vista Social Club ou o xusto rescate do cubano Bola de Nieve (con textos ¡gratuítos! de Camilo José Cela). Na entrevista con Efeeme, vinculada atrás, preguntábanlle a Pacheco:

Pero La Mode nunca gozaron del consenso general que arropó a Golpes Bajos.
Desde luego, con Golpes Bajos todo el mundo estaba de acuerdo. Los descubrió Ordovás, Los Pegamoides los apadrinaron, los Siniestro también, en Rockdelux hablaron muy bien de ellos… Todo el mundo se puso de acuerdo en que era el primer grupo de La Movida que realmente tocaba. Eran los más originales, salían con detallitos de soul, y Germán triunfaba como cantante. Además, sus letras no eran tan sencillotas, eran mucho más elaboradas, más poéticas… Lo nuestro con ellos empezó como el típico contrato en servilleta de cafetería, aquí te pillo aquí te mato.

Pacheco e La Fiesta de los Maniquíes… Colgo o teléfono, logo de falar con Marcos, e miro pasar pola redacción a Teo Cardalda e María Monsonís. Calquera acreditaría nunha confabulación dos astros, pero velaí está o integrante, con Germán Coppini, o moi grande e xenial Pablo Novoa e Luis García, de Golpes Bajos; o que gravara todos os instrumentos naquela primeira maqueta; o que explica con desleixo, nunha entrevista con Paloma Chamorro (“se ha dicho que Vigo es algo así como la capital del mundo, o casi”, di ela), que simplemente se reuniron unha fin de semana, aburridos, para facer unha versión do I can’t explain, de The Who, só por non estar parados; o que lle di isto (ano 1983) á presentadora de La Edad de Oro:

-Es ridículo que en una ciudad como Santiago donde hay tanta juventud estén prohibidas las actuaciones por el Gobernador civil.

-Como? -sorpréndese Paloma Chamorro

-Que están prohibidas las actuaciones en Santiago, una ciudad en la que se podrían montar miles de cosas. Es ridículo. Bueno y Vigo, vamos, toda esta aureola que se le dio a Vigo, no lo entiendo… Es muy aburrido Vigo.

Outros highlights da entrevista:

1) Ordovás: “Son el exponente máximo de la reserva espiritual del Noroeste”.

2) Todos fumando e Pablo Novoa trepando polo sofá. Os estilismos capilares.

3)Coppini: “Hay una persona por aquí que dice que en Vigo se forman quinientos grupos por día, nosotros todavía los estamos buscando…”

E agora o vídeo, Malos tiempos para la lírica, en directo, bufff:

Unha resposta to “‘Malos tiempos para la lírica’”

  1. Arancha Estévez Decembro 2, 2010 ás 9:26 AM #

    Próxima quedada en vigo na festa dos maniquies. Esta chulo o sitio…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: