88.80.13.160

3 Dec

Parece un número de R, pero non o é. Hai máis coma este, explícase aquí ben clariño. Trátase de direccións IP, http://88.80.13.160, desde as que chegarse a Wikileaks, despois de que o DNS (Domain Name System, o sistema xerárquico que distribúe os nomes de cada dominio e lles atribúe un código para poder localizar e direccionar os equipos) impedira desde a pasada noite o acceso a wikileaks.org, a páxina que agora marea, cos seus segredos revelados, á diplomacia mundial e inxecta sangue fresco e alimento a uns depauperados e escleróticos medios de comunicación tradicionais.

Creo que a percepción da transformación que vivimos xa é global, pero descoñecemos aínda a dimensión do colapso. Para ben e para mal asistimos a unha mudanza de ciclo, se cadra ao final dunha era. Non é catastrofismo. É unha evidencia que se plasma en primeiro lugar na creba do sistema económico, dos modelos empresariais e de negocio, na avarenta e voraz reedición perpetua do capitalismo, na deriva enerxética, na transformación da cultura e das relacións sociais… Nese contexto, o ataque contra wikileaks non é tan relevante pola vontade de acalar os contidos que divulga -filtracións políticas hóuboas sempre, a maior ou menor escala, agora planetarias e indiscriminadas- senón porque supón un paso máis para acabar con iso que se vén chamando a neutralidade da rede. Non se fala nin sequera da posibilidade de descargar ou compartir contidos ou da vixencia das redes P2P. É algo máis importante ou alomenos máis transcendental.

Por aí circula un manifesto do que non achei ainda versión galega e do que tiro este parágrafo-resumo, que traio para o romance de noso:

“A Rede Neutral é un concepto claro e definido no ámbito académico, onde non suscita debate: os cidadáns e as empresas teñen dereito a que o tráfico de datos recibido ou xerado non sexa manipulado, terxiversado, impedido, desviado, priorizado ou retrasado en función do tipo de contido, do protocolo ou aplicación utilizado, da orixe ou destino da comunicación nin de calquera outra consideración allea á da súa propia vontade. Ese tráfico ha de tratarse como unha comunicación privada e exclusivamente baixo mandado xudicial poderá ser espiado, trazado, arquivado ou analizado no seu contido, como correspondencia privada que é en realidade”.

Ao falarmos de Rede Neutral, falamos de garantir a limpeza do ecosistema humano, o espazo no que habitamos. Porque o que ninguén dubida xa é de que Todo, nun futuro máis ou menos inmediato, vai acontecer na Rede ou a través da Rede. Quizais o click desa mudanza global da que falaba atrás se produza cando se abandone a consideración de Internet como colosal medio de comunicación ou como feira de mostras do mundo globalizado. Internet é máis ca iso. Somos todos e ninguén. É a rúa, un magma, o osíxeno, o lugar físico no que esta civilización vai habitar o tempo que lle reste. E iso non pode ser dominado nin mediatizado por ningún goberno nin xerarquía. Como o propio aire pódese contaminar e poluir, ou converter en enerxía renovábel, pero ningúen pode administralo nin moito menos negarllo aos que, para seguir vivindo, respiran.

Unha resposta to “88.80.13.160”

  1. franplorenzo Decembro 4, 2010 ás 11:55 AM #

    N’achara pero fica aquí o manifesto por unha rede neutral. Obrigado
    http://oportodosescravos.blogaliza.org/2010/11/30/manifesto/

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: