O meu nome é Luís ‘Ferreiro’, ou a nobreza da propaganda

9 Dec

Houbo un tempo no que a propaganda era un oficio nobre, unha responsabilidade, un acto supremo de vontade e valor e non a finalidade única do discurso do poder, o único sustento da acción política. Contra esa propaganda infame de hoxe, fica este exemplo vivo de Luís González Ferreiro, que protagoniza o documental O meu nome é Luis ‘Ferreiro’, con guión e dirección de Roi Cagiao e Fernando Llor, nunha produción do Foro pola Memoria e a Fundación 10 de marzo. Velaquí un extracto do seu labor propagandístico, a difusión do Mundo Obrero polas estradas e congostras deste país, o relato dun combate silandeiro.

A peza, que recolle o testemuño deste militante comunista, primeiro na emigración en Franza e depois na clandestinidade en Galicia, estréase hoxe ás 20 horas no auditorio do Centro Social Caixanova Novacaixagalicia de Vigo (Policarpo Sanz, 24-26), a cidade na que vive o camarada Ferreiro.

Unha resposta to “O meu nome é Luís ‘Ferreiro’, ou a nobreza da propaganda”

  1. maria Decembro 9, 2010 ás 6:25 PM #

    graciñas por descubrirnos todo esto

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: