Depois de ler en La Voz de Galicia que o novo eslogan-marca da Xunta ¿Me guardas el secreto? “convence a turismo y hostelería”, quen fica convencido son eu de que as cuestións ontolóxicas que propón a campaña de marras non convencen a ninguén. Dubido que ningún xornal, menos La Voz de Galicia, cuestione hoxe a oportunidade da marca, porque esa marca ten o aspecto físico dunha inserción publicitaria a toda páxina. E ninguén lle di que non a un anaco de pan cando pasa fame.
Por acaso tropezo cunha campaña publicitaria previa da comarca de Ortegal, que, con moitos menos medios é verdade, presenta un subtexto moi similar ao de ¿Me guardas el secreto?, só que a filosofía ortegaliana (que non orteguiana) é ben anterior á de Turgalicia. O lema é: “Ortegal, la comarca secreta, no se lo digas a nadie”.
É difícil ser orixinal no proceloso mundo publicitario, iso xa se sabe. Na promoción de Ortegal van dúas follas de árbore (non é un chiste) navigando polo río cara ao mar. E unha delas pregúntalle á outra:
-“¿Y ese lugar mágico donde está?”
-Ese es mi secreto, y nunca te lo desvelaré…
Cantís, xentes mariñeiras, ríos serenos, rías, solpores, farallóns, algún surfeiro, etc… Unha versión modesta e menos delirante, co seu toque Galicia para el mundo, (“el mar se hace tierra en su mansedumbre”), pero de calquera maneira anterior no tempo á da mentalmente inestábel Galicia que di “mi piel es de hórreos, cruceiros y ermitas”.
En todo caso, a lisérxica campaña ¿Me guardas el secreto? serviunos estes días para xogar e matinar lemas paralelos, igualmente absurdos e que, polo menos, non nos comprometeran a ficar calados. Aquí van algúns pero admítense propostas, canto máis inconexas mellor :-):
-Galicia, ¿me guardas el sitio?
-Galicia, ¿me guardas el bolso?
-Galicia, ¿me guardas el secreto de ibérico con la carrillera y el lomo de merluza?
-Galicia, ¿me guardas la distancia de seguridad?
-Galicia, ¿me guardas la moto en el garaje?
-Galicia, ¿me guardas respeto o no me guardas respeto?
-Galicia, ¿quién da la vez?
-Galicia, ¿quién es la última? (especial Xandra)
Galicia, ¿dónde está el baño?
Galicia, ¿miraste si está encendido el calentador?
Galicia, ¿me guardas las formas?
Galiza, onde te escondiches?
Galicia, ¿me aguantas la puerta? (que no cierra bien)
Galicia, e ti de quen ves sendo. O que che preguntan as paisanas no pueblo da miña nai para saber de que familia és.
Galicia ¿me cuentas el secreto?
Conta,conta… O fermosa que ti eres, conta como somos, deixa da calar e fala. Xa está ben que falen outros por nós.
Galicia, ¿pero quién te puso así, mujeriña?
non sei se vos decatades pero por este brainstorming desinteresado e altruísta que estamos a facer hai xente que cobraría cartos. “Galicia, ¿pero quien te puso así, mujeriña?”, p.e., vale por tres horas de traballo dun publicista 😉
(Non dighas q non parés q lle meteron unha malleira 😉 )
Galicia, ¿me guardas la goma 2?
a de reixa:galicia,vou chamar por telefono
Galicia, ¿non terás un “papelillo”?