Entre ‘Ortegal, la comarca secreta, no se lo digas a nadie’ e ‘Galicia, ¿me guardas el bolso/el sitio?’

22 Dec

Depois de ler en La Voz de Galicia que o novo eslogan-marca da Xunta ¿Me guardas el secreto?convence a turismo y hostelería”, quen fica convencido son eu de que as cuestións ontolóxicas que propón a campaña de marras non convencen a ninguén. Dubido que ningún xornal, menos La Voz de Galicia, cuestione hoxe a oportunidade da marca, porque esa marca ten o aspecto físico dunha inserción publicitaria a toda páxina. E ninguén lle di que non a un anaco de pan cando pasa fame.

Por acaso tropezo cunha campaña publicitaria previa da comarca de Ortegal, que, con moitos menos medios é verdade, presenta un subtexto moi similar ao de ¿Me guardas el secreto?, só que a filosofía ortegaliana (que non orteguiana) é ben anterior á de Turgalicia. O lema é: “Ortegal, la comarca secreta, no se lo digas a nadie”.

É difícil ser orixinal no proceloso mundo publicitario, iso xa se sabe. Na promoción de Ortegal van dúas follas de árbore (non é un chiste) navigando polo río cara ao mar. E unha delas pregúntalle á outra:

-“¿Y ese lugar mágico donde está?”

-Ese es mi secreto, y nunca te lo desvelaré…

Cantís, xentes mariñeiras, ríos serenos, rías, solpores, farallóns, algún surfeiro, etc… Unha versión modesta e menos delirante, co seu toque Galicia para el mundo, (“el mar se hace tierra en su mansedumbre”), pero de calquera maneira anterior no tempo á da mentalmente inestábel Galicia que di “mi piel es de hórreos, cruceiros y ermitas”. 

En todo caso, a lisérxica campaña ¿Me guardas el secreto? serviunos estes días para xogar e matinar lemas paralelos, igualmente absurdos e que, polo menos, non nos comprometeran a ficar calados. Aquí van algúns pero admítense propostas, canto máis inconexas mellor :-):

-Galicia, ¿me guardas el sitio?

-Galicia, ¿me guardas el bolso?

-Galicia, ¿me guardas el secreto de ibérico con la carrillera y el lomo de merluza?

-Galicia, ¿me guardas la distancia de seguridad?

-Galicia, ¿me guardas la moto en el garaje?

-Galicia, ¿me guardas respeto o no me guardas respeto?

-Galicia, ¿quién da la vez?

-Galicia, ¿quién es la última? (especial Xandra)

13 Respostas to “Entre ‘Ortegal, la comarca secreta, no se lo digas a nadie’ e ‘Galicia, ¿me guardas el bolso/el sitio?’”

  1. Miguel Tesouro Decembro 22, 2010 ás 10:12 AM #

    Galicia, ¿dónde está el baño?

  2. Aldara Decembro 22, 2010 ás 10:50 AM #

    Galicia, ¿miraste si está encendido el calentador?

  3. Arancha Estévez Decembro 22, 2010 ás 11:52 AM #

    Galicia, ¿me guardas las formas?

  4. Brath Decembro 22, 2010 ás 1:14 PM #

    Galiza, onde te escondiches?

  5. xandra Decembro 22, 2010 ás 2:14 PM #

    Galicia, ¿me aguantas la puerta? (que no cierra bien)

    • Miguel Decembro 23, 2010 ás 10:57 AM #

      Galicia, e ti de quen ves sendo. O que che preguntan as paisanas no pueblo da miña nai para saber de que familia és.

  6. Monte Carmelo Decembro 22, 2010 ás 2:34 PM #

    Galicia ¿me cuentas el secreto?
    Conta,conta… O fermosa que ti eres, conta como somos, deixa da calar e fala. Xa está ben que falen outros por nós.

  7. dot Decembro 22, 2010 ás 2:56 PM #

    Galicia, ¿pero quién te puso así, mujeriña?

  8. franplorenzo Decembro 22, 2010 ás 4:18 PM #

    non sei se vos decatades pero por este brainstorming desinteresado e altruísta que estamos a facer hai xente que cobraría cartos. “Galicia, ¿pero quien te puso así, mujeriña?”, p.e., vale por tres horas de traballo dun publicista😉

    • dot Decembro 24, 2010 ás 8:49 AM #

      (Non dighas q non parés q lle meteron unha malleira😉 )

  9. Bernardo Sánchez Puyol Decembro 24, 2010 ás 11:49 PM #

    Galicia, ¿me guardas la goma 2?

  10. aser Decembro 26, 2010 ás 12:14 PM #

    a de reixa:galicia,vou chamar por telefono

  11. Cuspe Laghartos non atura sermóns Xaneiro 6, 2011 ás 4:07 PM #

    Galicia, ¿non terás un “papelillo”?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: