“O Apalpador son os pais”, Wikileaks said

26 Dec

Non sei en que andará Assange que non botou aínda abaixo a gran mentira de todas as mentiras que é o Nadal. Agardo por un cable que diga: “Benqueridos cativos e cativas de Galiza, o Apalpador son os pais. Eles traen os regalos, deixan o carbón e fedellan nas barrighas dos pequenos. Asinado: Wikileaks”. Mentres iso non ocorre fica aquí a miña achega iconográfica ao mito do Apalpador.

Se un se abstrae da bandeira norteamericana do fondo e do aire de soldado confederado que se gasta o chaval, abofé que este home con cachimba e sen cirolas dá un bo apalpador, máis apto para maiores que para pequenos, pode ser. Pero quen dixo que os maiores non temos ilusións? Como di a campaña do concello de Santiago: “apalpando as ilusións…”. A apalpar, pois.

O carboeiro montañés, para min un descoñecido -pois da serra do Candán para esta parte, nunca se lle mirou  o pelo- é, ao parecer, parente próximo do Olentzero euskaldún. Estes días baixan da montaña, o Apalpador e o Olentzero, para repartiren agasallos, en durísima competición co establishment natalicio de Papa Noel e os Reis Magos e como símbolos político-culturais dunha tradición anti-centralista. Coma sempre, os éuscaros lévannos vantaxe, porque asentaron xa a celebración e, sobre todo, porque lle teñen unha canción axustada á dimensión do seu mito. O Apalpador precisa tamén dunha canción para existir. Mentres ninguén a paire, fica aquí esta versión multirracial da canción do Olentzero, a que este ano lanzou a EITB. Aires ciganos, de blues, coral e txalaparta para cantar aquilo de: “Horra! Horra!/Gure Olentzero!/Pipa hortzetan duela/eserita dago…”

6 Respostas a ““O Apalpador son os pais”, Wikileaks said”

  1. Arancha Estévez Decembro 27, 2010 ás 1:15 AM #

    Ese da foto non se parece en nada ao de verdade…

    • franplorenzo Decembro 27, 2010 ás 10:55 AM #

      pois levas razón, pero de ilusións tamén se vive, non din? 😉

  2. Montenegro Decembro 27, 2010 ás 5:09 PM #

    Yo al “apalpador” ese de la foto primera no lo dejo entrar para que traiga regalos a mis hijos, antes casi prefiero que venga Norman Bates a cenar a casa en fin de año.

  3. Insider Xaneiro 16, 2011 ás 1:17 PM #

    Eu recentemente nunha viaxe a Catalunya descubrín a figura do Caga Tió, que como o seu nome indica defeca os presentes para os pequenos… isto das figuras do nadal é un mundo.

  4. O Apalpador Decembro 20, 2012 ás 1:22 AM #

    Aquí tes a túa canción como agasallo de Nadal http://youtu.be/JmAfI4ucKJc
    E tamén a podes descargar de balde e atopar máis información na páxina http://www.oapalpador.tk
    Boas festas!

  5. Calístenes Decembro 22, 2012 ás 5:00 PM #

    Pois já há muitos sítios na rede para se informar ajeitadamente sobre o Apalpador:

    http://www.apalpador.net

    Saúdos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: