Música para pechar 2010 (bailando)

30 Dec

Cinco temas e un extra para despedir o cincento 2010. Nada de nostalxia, só trallazos musicais para bailar, mañá xa choraremos. Cos meus mellores cumprimentos!

1. HYPNOTIZE YOU. (de N.E.R.D.)

Todo o que toca o engraçado Pharrell, aqui baixo o nome de N.E.R.D., é ouro. Velaquí este trallazo hipnótico-sexual, no que se dan a man Daft Punk con Michael Jackson e Al Green. O vídeo é como aquela película A casa das belas dormentes de Eloy Lozano, baseada no libro de Yasunari Kawabata, pero en versión funkadélica-playboy. Definitivamente unha das cancións do ano. HOT! 

2. WHY DOES THE WIND? (de Tracey Thorn)

Galicia é unha nazón e o novo disco de Tracey Thorn (a ex cantante de Everything but the girl), Love and its opposite, que se publicou o pasado Día das Letras Galegas, é o disco de 2010. Dígoo eu, non sei se alguén máis concordará. Este tema, nesta voz, é sinxelamente perfecto.



3. THE MAGIC (de Joan as a Police Woman)

Aínda que o disco vai sair en xaneiro o single The Magic de Joan as a Police Woman pertence ao ano que deixamos. Surrealismo cool e outra canción impecábel. Everyone is looking for the magic, e quen non?

4. JAMIE MY INTENTIONS ARE BASS (de !!!/chk chk chk)

Un riff pegañento e divertido e unha mestura de indie-pop e drum/bass da man destes chavales de Brooklyn de nome impronunciábel. O vídeo é antolóxico.

5. FUCK YOU (de Cee Lo Green)

Primeiro sinxelo tirado do seu The Lady Killer, un dos discos máis importantes do ano que pechamos, a certificación de que o soul é inmorrente. Especialmente dedicado aos que nos gobernan, ao Bento XVI, á curia compostelana e á reacción en xeral. Fuck you!

5+1. BARBRA STREISAND (de Duck Sauce)/BONUS TRACK

Fica aquí esta homenaxe ao Bobby Farrell, o cantante de Boney M, que cada ano e con diferentes apariencias facíase carne e voz no plató do Luar de Televisión de Galicia. Hoxe apareceu morto no cuarto dun hotel de San Petersburgo, así que agora saberemos de verdade, se volven, que os de Luar NON SON Boney M, non os orixinais. Barbra Streisand, o tema que agora arrasa nas pistas de medio mundo, co selo de Armand Van Helden, é unha versión do Gotta go home dos Boney M. Que non se diga. Vai na súa lembranza. Disco-house! na honra dun mito.

3 Respostas to “Música para pechar 2010 (bailando)”

  1. Araceli Queiruga Pais Xaneiro 30, 2011 ás 12:34 AM #

    Moi boa selección, Fran. Eu incluiría o álbum “In the music”(que saíu no 2009 fóra, pero aquí chegounos máis ben no 2010)de Trash Can Sinatras, grupo dos noventa con reminiscencias dos oitenta, nunha liña máis tradicional; e “Teem dream” de Beach House, dentro dun pop máis electrónico e actual.
    Grazas pola información sobre o novo disco de Joan…

    • franplorenzo Xaneiro 30, 2011 ás 11:27 AM #

      Vou buscalo agora😉 E benvida ao País en Lata. Un bico

      • Araceli Queiruga Xaneiro 31, 2011 ás 5:57 PM #

        Xa postos no 2011, recoméndoche un álbum que saíu hai uns días: “Kaputt” de Destroyer (un dos proxectos do cantante canadense Dan Bejar, que participa tamén en The New Pornographers). Podería converterse nun dos mellores discos deste ano.
        Voume afeccionar a isto dos comentarios, jaja.Un bico.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: