Os luns ao sol

6 Jan

É un paradoxo pero xusto agora, cando o ERE anunciado xa botou a súa sombra sobre a miña cabeza é cando menos tempo teño para escribir ou reflexionar sobre nada. Se cadra ter a realidade tan próxima é o que a distorsiona, coma eses lentes de aumento que amplían e sobredimensionan o obxecto sobre o que se pousan. Pensei que, dentro do malo, luciría o sol e que eu, emulando a Tosar e Bardem na película, iría no barco de Cangas, desfrutando desta liberdade condicional, coa caloriña do sol no rosto e cos guindastres da miña cidade ao fondo, ergueitos e orgullosos sobre a mera branca da mañá. Pero nin iso. Por riba, sospeito que os Reis Magos tamén entraron no ERE de reducción de xornada, como me acaba de confirmar K,, e que no canto de levar os agasallos aos cativos de Galiza teñen que facer de camelos. “Que non se queixen, hainos que están pior…”, dirá alguén. E por riba haberá que darlle a razón.

 

8 Respostas to “Os luns ao sol”

  1. Miguel de Vigo Xaneiro 7, 2011 ás 5:30 PM #

    Eu se vés por aquí, invítote a cruzar a ría no barco de Cangas comigo, co sol no rostro e na compaña dunha botella de albariño e un prato de camarón. Seguro que o ERE se converte entón en EREcción. Bicos.

  2. Marga Romero Xaneiro 7, 2011 ás 10:12 PM #

    Eu sen EREccións invítote encántada a tomar un café na fortaleza de Valença, despois de cruzarmos a ponte andando.
    Fermosa e dorida reflexión. Non sei onde imos ir con eses precios da luz…

  3. franplorenzo Xaneiro 8, 2011 ás 10:01 AM #

    Acóllome aos plans e fico obrigado, pero mirade que isto vai para dous anos eh?😉

  4. Arancha Estévez Xaneiro 8, 2011 ás 10:47 AM #

    Pasa sempre, esa paradoxa…pero é un tempo do que igual non volves dispor…así que aproveita para os teus proxectos fóra da EREmpresa…Tampouco significa que non podas coller un barco, tomar un café en Valença ou unha cervexa conmigo! Tes portátil? Está claro que o precisas nesta EREtapa!

  5. Monte Carmelo Xaneiro 8, 2011 ás 8:29 PM #

    Eu estaría encantada de dar un paseo pola ría, contigo e con Miguel de Vigo

  6. Chus Xaneiro 9, 2011 ás 4:01 PM #

    Pois eu apúntome ao cruceiro, soa (paso de ERES de todo tipo, segundo cando, prefiro a calorinna do sol…) Iso si: o alvarinno, que non falte…

  7. carme Xaneiro 9, 2011 ás 4:26 PM #

    Pois terei entón que ir a Vigo se me convidades.Para atravesar de novo a ría, para tomar unha caña con Aran, para ir con Marga a Valença e para darlle un abrazo a Monte Carmelo, que xa me tarda…Moi boas ideas pero ti faime caso, Fran, precisas este tempo para o que nós sabemos. Non o deixes pasar…

  8. cocó Xaneiro 10, 2011 ás 4:55 PM #

    Estás fóra, Fran. Ti dalle, aínda que sexa un ratiño.ERE que ERE. E marcha a Vigo. Eu agárdote en Compostela.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: