Ocean’s four

14 Jan

Pasaron trinta anos desta fotografía, publicada por Xerais no terceiro volume desa crónica imprescindíbel da memoria da nosa cidade que é Vigo por Magar. A instantánea foi tomada en 1981, nunha mesa redonda polo Día das Letras Galegas daquel ano, dedicado a Vicente Risco, no salón de actos da Caixa de Aforros de Vigo. Trinta anos (coiro, ante, pana, tergal) e a constatación de que só a morte é quen de alterar os fitos do establishment cultural galego. Ocean’s four: Carlos Casares, Xosé Luís Méndez Ferrín, Alfredo Conde e Xosé Ramón Barreiro.

Unha resposta to “Ocean’s four”

  1. XABIER RON Xaneiro 14, 2011 ás 6:04 PM #

    Compañeiro Fran…como nos recordará a nós a era dixital? a morte é soberana, mais tamén e non é menos certo o reducido e pequeno que resulta o panorama cultural galego cando reparamos en que os vivos (desde ese 1981) son os que seguen no escenario…
    …alguén dixo que desde 1970, momento en que se debilitan o surrealismo e o existencialismo, só nos repetimos…terá razón?
    apertas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: