SIT, o brazo armado de Citroën

3 Feb

Hai titulares de prensa que na súa morna asepsia son quen de agochar un tsunami de significados. Por exemplo este que aquí deixo, publicado o pasado 2 de febreiro en El País, e con escasas variacións no resto dos xornais galegos: “La plantilla de Citroën acepta el ERE y más flexibilidad”. En realidade o enunciado é impecábel. Suxeito+verbo+complemento. Estou certo de que relata con xustiza o que aconteceu. Os traballadores votaron e déronlles o visto e prace ás medidas propostas pola factoría. Pero cando se fala da Citroën todas as cautelas son poucas.

O sindicato maioritario en Citroën é o SIT-FSI, outrora SITC, outrora CGDT, outrora CDT. Un sindicato amarelo. En realidade non é un sindicato, é un filtro asociativo, unha secta de acceso obrigado, unha extensión da patronal, a cara transfigurada da propia Citroën, unha excrecencia do sindicalismo. Así define a propia SIT, en dous parágrafos, a razón da súa existencia. Corto e pego da súa web:

“Tras los graves acontecimientos vividos en los años 70, con una conflictividad creciente y donde la representación de los trabajadores estaba en manos de personas muy combativas, muy politizadas y que, en la clandestinidad o infiltradas en el Sindicato Vertical, habían realizado una labor de oposición al régimen de la dictadura, intentando erosionar el sistema, pero al mismo tiempo olvidándose de los verdaderos intereses de los trabajadores, se llega en 1978 a las primeras Elecciones Sindicales de nuestra democracia.  Un grupo de trabajadores de la Empresa Citroën Hispania S.A., hoy PSA, que no se siente atraídos por los programas de las Centrales autodenominadas de “clase”, se agrupan en el sindicato denominado C.D.T. (Confederación Democrática de Trabajadores), que luego pasa a ser C.G.D.T. (Confederación General Democrática de Trabajadores), que a partir de agosto de 1980 se convierte en S.I.T.C. (Sindicato Independiente de Trabajadores de Citroën), hasta enero de 2002, que para adaptarse al cambio de nombre de nuestra empresa, pasa a denominarse S.I.T.–F.S.I. (Sindicato Independiente de Trabajadores-Federación de Sindicatos Independientes)”.

Vése que aqueles pioneiros da CDT, hoxe SIT-FSI, vivían moi comodamente na estrutura sindical do franquismo. Así que a todos os que “intentaron erosionar el sistema (franquista)”, como eufemisticamente se refire aínda hoxe o SIT a aquel fato de valentes que participaron nas folgas de 1972 na factoría viguesa, tentaron aniquilalos. Lográrono nuns casos, pero non o lograron noutros. Había moita dignidade, moito compromiso e moita forza moral naquela banda de barbudos do 72. O que si conseguiron, con todo, foi incrementar, elección tras elección, o seu número de delegados sindicais.

“Transcurridos cuatro años desde las primeras elecciones, los trabajadores, cansados de huelgas, paros intermitentes, boicot a la producción y laudos, decidieron cambiar el rumbo, hacia la política del SIT, basada en la negociación. En 1982, confiaron en nuestra eficacia y nos dieron la primera mayoría absoluta”.

A estratexia do medo, da ameaza, da extorsión, o acoso laboral, os beneficios económicos e laborais para os afiliados ao poder amarelo foron razóns máis que suficientes para que o SIT configurara, co tempo, unha maioría cómoda que representa en realidade á propia empresa. Citroën é a cara, a autora intelectual, e o SIT é a cruz, o brazo armado.  O SIT aproba o ERE preventivo da empresa, coa UGT como comparsa. Votan en contra CCOO e CIG. O que é bo para o SIT é bo para Citroën, non hai máis. O titular, daquela, ficaría así: “Citroën impone un ERE preventivo y su brazo armado dice SI(T)”.

4 Respostas to “SIT, o brazo armado de Citroën”

  1. franplorenzo Febreiro 4, 2011 ás 8:40 PM #

    Por certo, hoxe en Príncipe pasáronme un panfleto da CGT para convocar unha protesta contra tres despedidos en Citroën, que afectan a membros dese sindicato. Fica aquí: http://www.cgtgalicia.org/2011/01/concentracions-contra-a-represion-sindical-en-citroen/

  2. Miguel de Vigo Febreiro 12, 2011 ás 9:32 PM #

    Levo días tentando buscar as palabras precisas para comentar este post. Xa as teño, aínda que non son sexan politicamente moi correctas: que fillos de puta!

  3. Sindicalista Independiente Outubro 21, 2013 ás 12:56 PM #

    Nadie con conocimiento del sindicalismo, puede escribir en contra de la gran labor realizada por el sindicato independiente. Todo lo demás son patrañas y negación de la verdad, de los resultados y de la paz social. Sois la envidia del sindicalismo y no cobrais por pactar eres y mereceis un reconiocimiento en los libros de historia del sindicalismo.

  4. AMARILLO RADICAL Xaneiro 5, 2016 ás 3:14 PM #

    Non estou en nada dacordo con esta publicación, o AMARELO de citroen e un sindicato totalmente independiente e últimamente esta adoptar posturas moi RADICAIS , hoxe por hoxe é tamén o sindicato máis asambleario en citroen , só basta ver como as celebran o máis puro estilo revolución francesa (recordarvos a multitudinaria asamblea de cando o recorte salarial as portas do local na Bouza) .
    Aparte da democracia interna que actualmente reside no sindicato , celebran únha especie de primarias moi modernas para asignar os seus delegados , os aspirantes son capaces das locuras máis grandes con facerse un oco no equipo ( desde ir a votar disfrazada de noiva a outros metodos xa coñecidos por todos, como o chivatismo , peloteo, arreglarlle o “pisito o jefe”, etc,etc… a base para participar , eso si e ser “cobrador” da sua taxa e requisito indespensable para optar a unha plaza.

    OS AMARELOS DADES MOITO ASCO E O SABEDES

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: