Albert Camus, Sortu e os #batasunarequisitos

8 Feb

Como entregado lector de Albert Camus, fun, cos anos, entendendo a presada de leccións morais e filosóficas que o amante de María Casares extraía do fútbol. Para Camus, “non hai lugar de maior felicidade humana que un estadio cheo de fútbol” e aínda que el non coñeceu a mercantilización do deporte, a banalización mediática do xogo, estou convencido de que aínda sería quen de aprezar a poesía colectiva que habita nun campo. Onte mesmo, en Balaídos, un Celta arrollador, 4-0 contra o Numancia, cun pé no ascenso directo e unha equipa que acha na canteira o osíxeno e a forza que precisa, como nunca o fixera até o de agora. A proba de que é posíbel logralo por nós mesmos. Que cómpre talento, ideas, forza e equipo. E de que non son os cartos, ou non sempre son os cartos.

“REBÉLOME, POLO TANTO SON”. Pero en realidade, Camus distraeume do que viña a falar, que era do propio Camus. O autor d’Os xustos dicía: “Rebélome, polo tanto son”. Estou certo de que Camus, no tempo de hoxe, sería un entusiasta valedor das revoltas de Túnez e de Exipto. Quizais de maneira máis decidida do que o foi no caso de Alxeria. Unha mesura ou un silencio consternado que lle valeu o escritor e filósofo, nado el mesmo en Alxeria, pied-noir, fillo dunha familia de colonos franceses, a inimizade e o odio declarado de moitos intelectuais de esquerda na altura. Iso e a condena do rexime soviético, o Nobel, o seu rexeitamento do dogmatismo…

En 1956, cando a revolución estoura en Alxeria, Camus vése atrapado nun conflito de lealdades, escindido. Por un lado quere unha Alxeria libre, pero teme os resultados do explosivo cóctel terrorismo/represión que se anda a cocer no seu país. Teme as persecucións, a chegada dunha ditadura, o baño de sangue. Descarta a violencia como vía de acceso á independencia e defende unha saída de consenso, na que os franceses non fiquen excluídos. Morrería antes de coñecer os resultados daquela batalla, pero en todo caso as súas dúbidas sobre a cuestión alxerina conflúen nun pensamento, que é común ao resto da súa obra filosófica e teatral: que a violencia non pode ser enxendradora da Historia.

É un asunto demasiado profundo como para abordalo aquí en catro liñas, pero algo moi importante podemos aprender de Camus, como di o xornalista francés Jean Daniel: “Na nosa época, coa televisión, a publicidade, Internet… o obxectivo é dar e reforzar o pensamento único. Nunha democracia, é difícil ter unha autonomía intelectual, pero é o que se debe aprender de Camus: resistir aos tempos que corren”, afirma o fundador de Le Nouvel Observateur.

#BATASUNA REQUISITOS. Do que si estou convencido é de que Camus ampararía o proceso polo que a esquerda abertzale, estes día en Euscadi, rexeita nos seus estatutos a violencia de ETA, unha condena expresa que inaugura un novo ciclo político nese país. Cómpre, é verdade, moita autonomía intelectual para apoiar esa vía de pacificación e non ceder á chantaxe que, desde os partidos centralistas (PP e PSOE), teima en arruinar esa posibilidade certa, ese futuro en paz. A Sortu, a denominación do novo partido, só se lle pode esixir respecto a unha Lei de Partidos, que xa fora deseñada ad hoc e con trampa para excluir a Batasuna dos procesos electorais. Semella que o tempo das escusas rematou, tamén o medo á política, aos votos. Se cumpre coa lei, é legal. E os novos estatutos de Sortu, á espera de que un xuiz o confirme, son legais.

Hai valedores da democracia, como Mayor Oreja, que son profundamente antidemócratas e que van ficar sen escusas fronte á legalización da esquerda nacionalista basca.  Proba diso é o hashtag que hoxe arrasa en twitter, #BatasunaRequisitos, que, competindo con #turismobisbal, ironiza con éxito sobre as condicións que se lle poden esixir, en diante, a Batasuna para a súa legalización. Que o humor entre por fin neste debate é un síntoma de saúde, abofé, e unha proba desa autonomía intelectual da que tan necesitados andamos. A proba tamén de que só o esperpento pode hoxe amparar a non legalización dunha forza política que cumpre as condicións que se lle esixen. Aquí fican algúns tweets que acabo de pillar, e se alguén se anima que siga nos comentarios. Agora mesmo #BatasunaRequisitos é o top1:

-Condear (que non rexeitar) o uso de Roupa de montaña cando non vas á montaña

-Que esixan que ETA entregue as súas armas ao Goberno español para que este llelas poida vender a Israel e Marrocos

-Que poñan fotos nas Herrikotabernas dos xogadores da quinta do Buitre/que poñan Camela nas herrikotabernas de Getxo

-Que deixen de usar a tipografía basca e se pasan á Comic Sans

-Os bascos poñeranlles a seus fillos Borja, Álvaro ou Rodrigo se son varóns ou Cayetana, Soraya ou Berta se son femias.

-Que recoñezan que o conflito basco é a tensión sexual non resolta.

-Rendición incondicional de Amaia Montero

-Que a final de Copa se celebre en San Mamés e reciban o Rei con vítores. E que o Barça se deixe gañar polo Madrid.

-Esiximos que utilicen o dominio sortu.es, que está libre

-que no próximo mitin apareza, alomenos, unha muller basca de máis de 40 anos co pelo por debaixo das orellas/Que se  lles permita ás mulleres abertzales a liberdade de elección do corte de pelo e non se lles impoña o euskopeiteado.

-que o Gara lle dedique unha portada a Belén Esteban

-Que los peluqueros abertzales entreguen sus tijeras sin condiciones y pidan perdón a las víctimas.

6 Respostas to “Albert Camus, Sortu e os #batasunarequisitos”

  1. patatxin Febreiro 8, 2011 ás 4:53 PM #

    Que a esquerda aberzale acepte 50 anos fora do xogo político e electoral para que Rubalcaba e as vitimas comproben así que as súas intencións son sinceras.

  2. Brath Febreiro 8, 2011 ás 9:51 PM #

    * Que demuestren su rechazo a la violencia cambiando Donostia por Señorbesito
    * Que todos los pueblos que terminen en ”ETA” acaben en “Del Rey”… A excepción de Anoeta…
    * Que Otegui sea la nueva imagen de BurguerKing y exclame al primer bocado ‘Mmm, qué herrico’

    XDDDD

  3. Montenegro Febreiro 8, 2011 ás 10:42 PM #

    Que todas las sociedades gastronómicas se conviertan en tablaos flamencos.

    Que los txistus se pasen a llamar flautillas.

    Que en la Plaza de la Virgen Blanca de Vitoria se levante una estatua a Lola Flores y a El Pescaílla.

  4. Arancha Estévez Febreiro 9, 2011 ás 9:54 AM #

    Que recoñezan que ter menos dun 10% de paro en Euskadi e crear oito mil empregos máis en xaneiro de 2011, mentres que en Galicia hai un 21%, en Canarias un 28% e en Andalucía un 28%, é un detalle de moi mal gusto…

  5. Arancha Estévez Febreiro 9, 2011 ás 9:54 AM #

    A min o que me gusta Fran é que te refiras a Camus como o amante de María Casares…

    • franplorenzo Febreiro 9, 2011 ás 10:09 AM #

      Moi grande María Casares, que che vou contar😉

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: