¡Yo por mi cigoto Ma-to..!

11 Feb

Todo o que había que dicir sobre a Lei de Apoio á Familia e á Convivencia xa o dixo ben clariño o Consello Económico e Social, o CES, nun informe emitido o pasado 7 de febreiro e que se pode consultar na súa páxina web. O CES destripa a Lei impulsada pola consellería de Traballo e Benestar Social, a de Beatriz Ma-To!, e ademais de cuestionar a súa “pouca incidencia práctica” considera que o anteproxecto “é regresivo, xa que leva implícitos graves recortes dos dereitos das mulleres, facendo retroceder moito tempo atrás os avances sociais, así como pola profunda carga ideolóxica que conleva, recuperando a retórica da familia heterosexual e a maternidade como rol social vital das mulleres, o cal supón o control, a fin de contas, da súa vida sexual”.

En verdade botarlle un ollo á exposición de motivos do texto xa estarrece. Fálase todo o rato de mulleres “xestantes” (non confundir coas mulleres sextantes, que son as que se dedican a medir ángulos) e da familia como ámbito “natural” de desenvolvemento. Pilar Primo de Rivera estaría encantada con esta Lei, cuxa única motivación é puramente moral: delimitar o territorio das crenzas e da tradición, reforzar na nosa sociedade as xa omnipresentes proclamas católicas e devolver as mulleres ao lugar de reclusión que para elas estableceu a Igrexa e o Patriarcado: depositarias da semente masculina, coidadoras, xestantes.

O pasado 9 de febreiro Beatriz Ma-to! aseguraba descoñecer “formalmente” o ditame do CES. En realidade os ditames do CES son importantísimos cando refrendan as anteproxectos de lei do Goberno pero son pataca minuta cando, como nesta ocasión, botan abaixo un texto legal por inoperante e retrógrado. Para a conselleira de Traballo, en calquera caso, a Lei contempla un importantísimo avance: “considerar unha unidade familiar unha muller xestante”, para que esta poida “acudir, por exemplo, a solicitar unha praza nunha escola infantil”. De maneira que ti, muller galega, unidade familiar, cando sintas o milagre da vida latexar no teu interior, ou aínda antes, diríxete á Galiña Azul máis próxima e pide praza para o teu embrión. Con sorte, conseguirás que ao teu feto in pectore non lle falen galego nin patrás e que creza en aulas segregadas por sexos, presididas por unha cruz . E se alguén che vén con imposicións e quere coartar a túa liberdade natural, xa sabes o que lle podes berrar con todas as da Lei: “Yo por mi cigoto Ma-to..!

2 Respostas to “¡Yo por mi cigoto Ma-to..!”

  1. Insider Febreiro 12, 2011 ás 3:49 PM #

    Meu Deus… arrepío de carnes é pouco… qué se pode esperar dun partido onde o seu dirixente dí que investir en formación é igual que tirar cos cartos??
    Debería existir algún xeito de remoción, como noutros países…

  2. Montenegro Febreiro 12, 2011 ás 9:28 PM #

    A través de toda la vida, la misión de la mujer es servir. Cuando Dios hizo el primer hombre, pensó: “No es bueno que el hombre esté solo”. Y tomó a la mujer, para su ayuda y compañía, y para que sirviera de madre. La primera idea de Dios fue “el hombre”. Pensó en la mujer después, como un complemento necesario, esto es, como algo útil.(Sección Femenina, 1968.)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: