Obrigado por iso

4 Mar

Como estou na miña semana de ERE preceptiva e non recibo nin os correos electrónicos nin as chamadas do xornal acabo de coñecer agora mesmo esta nominación (dise así, nominación?) dos premios da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega.

Mellor traxectoria en xornalismo cultural 2010 (AELG-Colexio de Xornalistas)
1. Anxo Tarrío.
2. Daniel Salgado.
3. Fran P. Lorenzo.
4. Iago Martínez.
5. Ramón Nicolás.

Congratúlame sobre todo estar no medio de dous xornalistas dos que son devoto e recorrente leitor (Daniel e Iago) e á beira dun crítico ao que admiro como é Ramón Nicolás. Se digo que volver figurar nesa lista xa me abonda parecería falsa modestia pero é así como o sinto. E fico obrigado por iso.

19 Respostas to “Obrigado por iso”

  1. XABIER RON Marzo 4, 2011 ás 5:55 PM #

    isto só é para certificar que tes que seguir coa mesma forza expresiva e carga analítica…parabéns!

  2. Marzo 4, 2011 ás 6:18 PM #

    Parabéns Pachu, os que te lemos sabemos que é ben merecido.

  3. monte carmelo Marzo 4, 2011 ás 6:46 PM #

    encendín agora o ordenador e coma sempre premo nun “UN PÁIS EN LATA” levei unha gran alegria pola túa nominación, e digo como Mó, os que te lemos sabemos que é ben merecido.
    biquiños meu rei.

  4. Montenegro Marzo 4, 2011 ás 7:59 PM #

    Felicidades Fran, en mis lecturas diarias siempre estás nominado.

  5. Ham Tyler Marzo 4, 2011 ás 9:39 PM #

    You’re ma man… keep rocking dude!

    • Araceli Marzo 5, 2011 ás 10:51 AM #

      O Anxo Tarrío que aparece na lista de nominados é o mesmo da Facultade de Filoloxía Galega? Porque eu fun alumna súa. Non sabía que estaba relacionado co xornalismo. Eu non controlo aos outros nominados, pero lin cousas túas nesta especie de autoxornal de opinión que é “Un país en lata” e gústame moito como escribes; así que creo que mereces estar entre os finalistas.Parabéns e bicos.

  6. Ramón Nicolás Marzo 5, 2011 ás 10:41 PM #

    Parabéns Fran, e moitas grazas. Honrado, e moito, por estar aí canda xente coma ti.

  7. isabel Marzo 7, 2011 ás 7:31 AM #

    Parabéns!!! Me alegro mucho, por todo y por todos los que te tenemos en “Favoritos”, que disfutamos mucho con tus escritos. Besos y recuerda que me debes una visita a Sevilla….

  8. Arancha Estévez Marzo 7, 2011 ás 8:49 AM #

    Que ben!! Agora a ensaiar o paseo pola alfombra vermella e a expresión facial se o premiado resulta outro….Muaakkk!

  9. Cris Marzo 7, 2011 ás 10:23 AM #

    Parabéns Fran!

  10. Ana Estévez Marzo 7, 2011 ás 11:25 AM #

    Parabéns. É moi merecido.

  11. Xavier Marzo 7, 2011 ás 6:16 PM #

    Nominado estás en permanencia, mesmo que algunhas veces coincidamos nas opinións. Forza e a deixarse querer

  12. XCrego Marzo 8, 2011 ás 8:06 AM #

    Fran, o teu é máis ca cultura. Apertas dende unha perpendicular de Camelias.

  13. Juan T Marzo 8, 2011 ás 10:27 AM #

    Moitos e sinceros parabéns, Fran.

  14. lavane Marzo 9, 2011 ás 5:09 PM #

    Que boa noticia!! Fai dúas semanas que non me conecto, así que non o souben antes. Noraboa, compañeiro de ERE, de letras e de teclas. Probablemente non exista ningún xornalista en Galicia que o mereza máis ca ti. Beizóns Franchu.

    • franplorenzo Marzo 9, 2011 ás 5:12 PM #

      Un día ti e máis eu facemos a intrahistoria da información cultural en Galicia, poñémolo nun libro e iso é best-seller… Falámolo á volta do ERE😉

  15. raquel Marzo 9, 2011 ás 10:05 PM #

    JEI, desde la emigración te doy mi enhorabuenaaaaaaaaaaa!!!bs y suerte

  16. Miguel Marzo 11, 2011 ás 12:00 PM #

    Parabens Fran, aquest any si!!!!!!!!!!!!!!!
    Dende a cidade amurallada saudos e forza

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: