“Xico, Ó Xico onde te foste meter?”. Pois o Xico (eu) marcha de férias. Alén do Douro, e do Tejo tamén, á Aldeia do Meco, en Sesimbra. Atlántico tan noso coma o do Vao, o de Liméns ou o de Saiáns. Océano bravo, salgado. Perto e lonxe. En Portugal. Lá, cando menos, séntese en sordina o esencialismo galego, os debates sobre a nosa entelequia, as miserias patrias, a cativeza na que tan felices, adurmiñados e contrariados sobrevivimos… Portugal é un analxésico do mal de ser galego. Unha escapatoria. Marchar de nós sen acabar de desprenderse da pel que nos dá identidade e lugar. Catro días de inmersión lingüística no galego veciño, catro días habitando nun soño de normalidade. Alí irei tamén á procura da voz de Luisa Sobral.
Desque coñecín o seu disco The Cherry on My Cake (10 temas en inglés, tres en portugués) só ando na idea de divulgar a grandeza dun traballo e dun rexistro vocal no que conflúen, sen aparente esforzo, os timbres de Billie Holiday, Elis Regina e outras grandes cantoras do jazz como a miña moi ademirada Anita O’Day. Canda ela unha banda impresionante, integrada por João Hasselberg, Carlos Miguel e Filipe Melo. En resumo, que se eu fora de pregar pregaría para que os de Imaxina Sons repararan na súa grandeza e a convidaran a Vigo para nos agasallar cun seu concerto. Para o outono xa actúa en Madrid e será moi triste, depois, asistir á descuberta espanhola de Luisa Sobral. El País/Colón descubrirá América/Luisa, aínda que América/Luisa/Portugal e todo o que nos dá Portugal xa estivese alí, moito antes… Como ben canta Luisa Sobral no remate deste tema “de Espanha nem bom vento nem bom casamento…”. Así que fica aquí o seu Xico. E mirade por Luisa Sobral, procurádea, que logo non veña anunciárnola Espanha, façan favor… Apertas!
Já passaram dois anos e tal
E do Xico nem sinal
Há quem diga que emigrou
Há quem diga que encontrou
Uma brasileira que não esta nada mal
E a Dolores todos os dias o espera
Com a sopa ao lume e o prato do costume
Finge não ouvir a vizinhança
E pede a Deus um pouco mais de esperança
Ó Xico, Ó Xico
Onde te foste meter?
Ó Xico, Ó Xico
Não me faças mais sofrer
Desde pequena Dolores sonha em encontrar
Um português com olhos cor de mar
Ninguém entendia o porquê da maluqueira
Que tinha pelo outro lado da fronteira
Conheceu o Xico em Almerimar
E logo ali decidiram casar
Dolores levou o essencial
A velha caixa de costura e o avental
Ó Xico, Ó Xico
Onde te foste meter?
Ó Xico, Ó Xico
Não me faças mais sofrer
Viveram dez anos sem igual
Ninguém previa tal final
Agora diz Dolores com lamento
“De Espanha nem bom vento
nem bom casamento”
Ó Xico, Ó Xico
Onde te foste meter?
Ó Xico, Mi chico
Não me faças mais
No me hagas más
Não me faças mais sofrer
Entendes a miña mania de vivir no encanto das fronteiras administrativas…. esas que son coma marcas que che deixa o cinto se o levas cinguido de máis. Mais máis nada, despois dun tempo non queda marca, só se o volves poñer ou cinguir… As fronteiras tamén poden ser illas de individualidade… O que máis me gusta é camiñalas. Bicos e goza con esa voz tamén.
¡Outro fan de Anita O’Day! ^^
Se non o fixeches xa, escoita a súa versión de “Skylark”, para min unha das cancións definitivas da historia da música.
gostei muito! grazas mais unha vez pela xenial descoberta.
Dende Sucos parabéns polo blog!
http://dorestembras.wordpress.com/2011/09/01/sunshine-awards/
apertas