Manuel Fraga: paixón polo poder e amores que matan

16 Jan

Morreu o sátrapa en excedencia, Manuel Fraga (1922-2012). Todo o que se poida dicir sobre o persoeiro fica xa no libro de Gustavo Luca de Tena, Fraga, retrato de un fascista, un excelente traballo xornalístico, convenientemente silenciado, e que o finado non tivo oportunidade de censurar, el que levaba a censura e a imposición ideolóxica no seu ADN despótico.

Nun distraído repaso polos panexíricos e perfís que desde onte á tarde glosan a figura do ex presidente da Xunta conclúo que a capacidade de adaptación, esa evidencia darwiniana, resultar ser o mérito supremo dun político e que a desmemoria que habitamos permite que un ex ministro de Franco, con varios mortos ás súas costas, pase á historia como un “gran servidor público” e un “home de Estado”.

“Guiado polo amor a España e a Galicia” fixo todo o que fixo. Amores que matan, en calquera caso. Advirto a mesma indulxencia á hora de xulgar a Fraga que a que se lles aplica aos agresores e xulgados por violencia machista, a que remata en morte e a que non. Non hai lei nin xuíz que repare no Estado español os crimes impunes do franquismo e máis alá. Tampouco non hai vergoña á hora de mudar o relato e converter o autoritarismo dictatorial de Fraga, co insulto sempre á beira da boca, en “paixón pola liberdade”, como escribía esta mañá o presidente Rajoy. En rigor, austeridade e calquera outro atributo positivo.

Quizais o PP si lle deba algo a Fraga: aglutinar a extrema dereita e o conservadurismo españolista nun único partido que lle garantiu, até o de hoxe, ao Partido Popular a alternancia no poder. Porque o poder foi a paixón de Fraga, superior a calquera das súas arelas, e nese sentido Galicia servíu como coartada. En Galicia puido Fraga desenvolver, nunha escala reducida e asentada en efectivas redes clientelares e caciquís de filiación decimonónica, unha versión prêt-à-porter de si mesmo como primeiro ministro/presidente de goberno/miniemperador. O control e dominio exhaustivo dos medios de comunicación, os cartos a esgalla e un populismo efectivo que recoñecía os puntos débiles da sociedade galega fixeron o resto. Parvo non era e soubo manipular moi efectivamente o déficit  de autoestima deste país e o seu secular atraso económico, cifrado na inexistencia de estradas, de liñas de teléfono e de postes da luz. Chegou para salvarnos e disfrazado de mesías, embutido nesa mentira, é como algúns pretenden agora que pase á Historia.

Morreu sen lles pedir perdón ás súas vítimas, porque el, xa o dixo, só tiña débedas con Deus e co seu confesor. En España só ETA ten que pedir perdón polos seus crimes, non os sicarios da ditadura, e é nesa anormalidade moral e política na que hoxe habitamos coa pretensión de sermos europeos.

Acabo de ver hai unha hora a Alberto Núñez Feijóo decretar tres días de loito oficial polo pasamento do ex ministro franquista. Nun patético e oco discurso, non tanto como o que pronunciou diante do cadaleito de Díaz Pardo, o presidente da Xunta di que “a nosa Galicia non se pode entender sen Fraga, o pai político da Galicia moderna e da Galicia do benestar”. O caso é que por Díaz Pardo non houbo loito oficial, nin crespóns negros, nin consellos extraordinarios da Xunta de Galicia. Quizais porque el representaba, con dignidade e sen esquecemento, esa memoria que Fraga e todos os que hoxe gaban a súa demócrata persoa, quererían para sempre sepultar.

14 Respostas to “Manuel Fraga: paixón polo poder e amores que matan”

  1. Marga do Val Xaneiro 16, 2012 ás 7:19 PM #

    Este é un artigo, como todos os teus, para levar ás aulas…. Este é o texto que levarei á aula… Cando lles diga ao meu alumnado que Fraga, foi morrer tamén nun día 15 de xaneiro, como Rosa Luxemburg. A ela matárona.
    Hoxe comprobei que o meu alumnado de 4º da ESO non sabía nada de Fraga, naceron en 1996…. Eu mandeilles buscar información sobre Julián Grimau. Tamén lles propuxen buscar información sobre Fraga e escribir un texto na súa defensa e outro que demostre a súa culpabilidade….
    Despois analizaremos a súa visión sobre a lingua galega…. as súas últimas intervencións no Senado.
    Feijoo ten razón, a política de Fraga deu os seus froitos… O faszismo segue… e a complicidade da sociedade tamén, esa complicidade silenciosa, esa complicidade do politicamente correcto.

  2. Montenegro Xaneiro 16, 2012 ás 8:54 PM #

    Después de escuchar en el día de hoy tanta loanza a este personaje, a mí este país como que me da un poco de asco.

  3. aser mendez Xaneiro 17, 2012 ás 4:51 PM #

    os que nacemos na democracia,ainda estando nas antipodas del,pensamos que era preferible como adversario a Rosa Diez ,Intereconomia ou o clan gallego do birrete-bilingue……

    creo que isaac e el non eran inimigos,,,,, nin carrillo, solé tura,puyol,ramon piñeiro….Hai cousas que non están claras, pq se mesturan conceptos…e tempo.

    De Valera mandoulle un telegrama de pésame a Alemania pola morte de Hitler,,,cousas da vida……E que grima meter o nome de Rosa Luxemburgo entre as leiras gallego-españolas

    • M. Sanmartín Xaneiro 17, 2012 ás 5:32 PM #

      Postos a facer este tipo de comparacións cheas de relativismo, acabaríamos decindo que, bueno, o Fraga reseteado -pero con idéntica médula- é preferible a Blas Piñar, Blas Piñar é preferible a Mussolini porque ten menos fiambres enriba que este, Mussolini é preferible a….

      A casuística de se era amigo de Díaz Pardo ou de Carrillo, que por certo participou con él nese grande timo que é a Transición, vendendo siglas, ideoloxía e militantes, é intrascendente: o caso é que Fraga Iribarne foi o ministro dun xenocida, que morreu sen responder polas súas responsabilidades políticas e que, mentras miles de antifascistas e demócratas nen sequer tiveron o recoñecemento merecido, este fascista terá funeral de Estado na catedral de Compostela o próximo sábado.

      Esta é a gran cuestión: que todos, por riba das súas cores políticas, están implicados no gran fraude que foi a Transición/Transacción. Como explicar se non a repulsiva unanimidade destes días? Como entender que dirixentes do BNG sexan tan covardes como para afirmar ante un fascista histórico que era… unha “figura controvertida”?

      • franplorenzo Xaneiro 17, 2012 ás 7:49 PM #

        completamente dacordo

  4. Adrián Lestedo Xaneiro 17, 2012 ás 6:48 PM #

    1968. Fraga Iribarne, ministro de Interior do fascio, con 46 anos, multaba a La Voz de Galicia por publicar artigos en galego. Ese é o “presidente de Galiza” que se homenaxeará no Obradoiro. Lávate o cerebro e deixa de pensar.

  5. Manuel Xaneiro 17, 2012 ás 10:58 PM #

    Unha boa digresión dun compatriota teu, Fran:

    http://vicisitudysordidez.blogspot.com/2012/01/los-diez-momentos-de-fraga-que-me.html

    • franplorenzo Xaneiro 17, 2012 ás 11:36 PM #

      Obrigado Manuel, xa o lera esta tarde e gostei moito😉

  6. Adrián Lestedo Xaneiro 19, 2012 ás 2:16 AM #

    Penduro aquí este artigo http://xogaraescribir.wordpress.com/2012/01/17/democrata-fraga-o-encoro-do-umia-como-exemplo/ que me parece abondo indicativo de quen era este elemento que, por fin, nos acaba de deixar. Francamente, recurrimos sempre ao seu pasado máis remoto, pero fascista fascista foino ata que cascou en Madrid.

  7. filispines Xaneiro 19, 2012 ás 4:35 PM #

    Estou totalmente co que se di neste artigo, a desmemoria neste caso é triste e patética.E o loito oficial, a santo de que? Vivimos nunha ditadura novamente. Tempos grises.

  8. Carlos Xaneiro 19, 2012 ás 9:46 PM #

    A min chámanme a atención os asuntos nos que nos unimos esquerda e dereita para continuar un camiño co que aparentemente non estamos de acordo. Un deles véxoo en esquecer os fondos da UE como motor desa Galicia do Benestar, que cada un se atribúe na súa leira do poder. Outro, nese caciquismo ou feudalismo que vemos no ollo alleo, coa trabe no propio.
    Sorpréndeme que haxa lembranzas de Fraga coa súa intervención anteo 23F. Unha frase que quedou gravada, pero parece que non o seu contexto: cando a pronunciou, as tropas estaban retirándose e xa fracasara o intento de golpe de estado.
    Tamén o seu visionarismo: ninguén lembra como, en 1982, prognosticou unha guerra mundial para o ano seguinte. Afortunadamente, trabucouse.
    Os seus modelos de estado non pasaban, para min, do que se lle podía ocorrer a calquera de ruda retórica: nin autonomía, nin partidos de esquerda tan civilizados coma o PCE do eurocomunismo, e a prensa controlada non pola censura, senón pola autocensura.
    Creo que non tivo demasiada visión política, mais xogaron ao seu favor os medos, a visión mminifundista desta sociedade e, derivado del, ese afán de pescadores en río revolto que vía a oportunidade nun sistema falso.
    Pero aí está o seu paso: por activa ou por pasiva, contribuímos todos. O día que saibamos artellar un proxecto colectivo -falta menos cada vez-, teremos algo do que sentirnos máis satisfeitos. Estamos a tempo de asumir a responsabilidade individual no destino conxunto do país.
    A miña aperta
    Carlos

Trackbacks/Pingbacks

  1. Fraga: retrato de un fascista (gal) - Xaneiro 16, 2012

    […] "CRITEO-300×250", 300, 250); 1 meneos Fraga: retrato de un fascista (gal) unpaisenlata.wordpress.com/2012/01/16/manuel-fraga-paixon…  por sen-sei hace […]

  2. Manuel Fraga: paixón polo poder e amores que matan - Xaneiro 16, 2012

    […] Manuel Fraga: paixón polo poder e amores que matan unpaisenlata.wordpress.com/2012/01/16/manuel-fraga-paixon-po…  por Socram hai 2 segundos […]

  3. O Can de San Roque » Blog Archive » Sátrapa ou Querido Amigo - Novembro 29, 2013

    […] el ministerio con efectos inmediatos”. Terceiro, por estes motivos e a evocación directa de cousas próximas, barrunto que miles de lugueses comparten en definitiva esta miña sensación, ou sentimento, ou […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: