‘Do the right thing’, versión Parla, by Xerar-Dor Conde Roa Almodóvar

10 Apr

Cando sinto que alguén fala de Parla, acórdanme as irmás de Pedro Almodóvar, que viven lá. E acórdame esa secuencia memorábel de La flor de mi secreto, na que Marisa Paredes (Leo) visita á súa irmá (Rossy de Palma) e a súa nai (Chus Lampreave) nun pisiño da localidade madrileña, veciño seguro dos que ergueu para ben da sociedade en xeral a promotora do alcalde de Santiago. O diálogo entre esas tres mulleres é un dos máis logrados e hilarantes de toda a filmografía do director, pero compite en surrealismo e vontade kitsch coa rolda de prensa de Xerar-Dor Conde Roa, a pasada tarde no concello de Santiago, que deu explicacións públicas sobre como, por poñer aire acondicionado nas zonas comúns dunhas vivendas que construíu, nas que había “polacos, españois, checos” e de todo, pois as compañías eléctricas botáronselle enriba e quedou sen pasta, e colleu os cartos do IVE para sufragar as débedas e logo non llos pagou á Facenda, sen que iso se poida considerar delito. Faltaría máis.

O alcalde filántropo, que para evitar disturbios raciais entre polacos, checos, moritos, dominicanos e toda esa xentalla foi e lles puxo aire acondicionado nas escaleiras, faime lembrar outra película, Do the right thing, de Spike Lee, que se desenvolve nunha serán tórrida nun bairro de clase traballadora de Brooklyn.

A calor abafante fai rebentar os conflitos larvados entre os surcoreranos, italoamericanos e afromericanos que lá moran. Xustamente o que evitou en Parla Xerar-Dor Conde Roa en prexuízo da súa economía e sen medo a verse agora involucrado nun complot internacional da Facenda pública e outros entes escuros. A rolda de prensa de Xerar-Dor, para explicar as presuntas irregularidades fiscais que teima en negar, é, ao meu ver, un dos episodios máis vergoñentos aos que nos foi dado asistir como cidadáns, poisque lle faltou, ao rematar as explicacións sobre a súa presunta fraude, pedirlle á concorrencia que visitara o piso piloto de Geslander, ou como se chame ese ONG pro-inmigrantes que presidíu o actual edil compostelán. O bo, ou o malo, non o sei, é que Xerar-Dor non demitirá e que a cousa irá apodrecendo até desembocar nun novo episodio de surrealismo cañí, de promotor inmobiliario contra os morlacos da vida, que esixirá o convivio de Bigas Luna, Berlanga, Almodóvar e o señor Gürtel para poder contalo con xeito. Permanezan atentos ás súas pantallas, que a cousa promete e moito…

3 Respostas to “‘Do the right thing’, versión Parla, by Xerar-Dor Conde Roa Almodóvar”

  1. aser mendez Abril 10, 2012 ás 1:41 PM #

    Ay Gerardo,áspero cardo
    de tierra,piedra sombría
    quien fuera tu amigo bardo
    Ay Gerardo,duro dardo
    para ir en tu antología!

    (de Salazar Chapela; hai outro de Guillén:
    Ay Gerardo,Gerardo
    Por que rimas con cardo?
    Rima mejor con nardo)

    O Conde esconde… está K.O.

  2. Montenegro Abril 10, 2012 ás 2:07 PM #

    Parafraseando al alcalde:

    Entre lo honrado y Conde Roa, me quedo con lo honrado.

  3. aser mendez Abril 13, 2012 ás 1:20 PM #

    pra un artigo: de anxel casal a conde roa.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: