Que xesto? Que precedentes? Que honra? Que de que?

19 Apr

Obscenamente católico, cretino e pueril polo seu tratamento informativo e ínfimo no intelectual está a resultar xa todo este proceso de acusación/contrición/absolución express do Rei de España, Xoan Carlos I.  “Fixo o que debía…”, “Deu a cara…”, “Reconciliouse coa sociedade…”, “El gesto del rey engrandece su figura…”, “Es la ostia…”. Unha meditada posta en escena, anque non o pareza polo cutre do espazo escollido, amparou este día a petición pública de perdón por parte do monarca español. Fíxoo diante dun cámara de TVE e dun redactor da axencia Efe, os órganos oficiais. “Un xesto sen precedentes que o honra”. De aquí en diante esa será a versión oficial dun bochornoso episodio, que, con sorte, contribuirá a erosionar un pouco máis a superficie dunha apodrecida e depauperada institución, ergueita sobre pautos de silencio, lastres predemocráticos, mentiras piadosas e moita moitísima baixeza moral.

Pero, que xesto..? que precedentes..? que honra..? perdón por que..? Encausar este nova anécdota, a da cacería real en Botsuana, supón cuestionar, necesariamente, outras cacerías, outras infidelidades, outras desercións e sobre todo un principio moi básico que ninguén parece querer lembrar: que Xoan Carlos I xurou, para estar onde está, os principios xerais do Movemento franquista. E que gabou a figura do ditador. E que non reaxíu como nos contan no 23-F. E todo iso é independente da súa actividade privada.

Este estado de súbditos do que el é xefe, cando non está de vacacións, leva tempo de máis tragando con ese relato salvífico e rimbombante da súa figura redentora, piloto do mito da Transición e garante da sacrosanta Constitución. Parecía que algo espertara na opinión pública logo da fugaz primavera republicana, oportunista ou non, que lle seguiu á tocata e fuga de Xoan Carlos I na sabana de África. Abriuse a veda, porque a crise semella que exacerbou todas os erros e as condutas. Pero agora vén o repregamento: a loanza esaxerada do Rei, contra toda lóxica, a pocholización da súa figura e o regreso ao encefalograma plano que recomendan os editoriais de El País, La Razón ou ABC, principais defensores, acho que por esta orde, do status quo monárquico.

“Lo siento mucho. Me he equivocado. No volverá a ocurrir”. “Once palabras para la historia”, segundo El País. Que sente? en que se equivocou? que é o que non volverá a ocorrer..? Aínda hoxe non sabemos que parte da desfeita continuada que é o sistema monárquico asumíu como propia. Só que esas once palabras abondan para tapar, polo de agora, o remuíño de indignación. Abonda o xesto de aflición e peniña do agora vello convalecente -antronte atlético bribón- para resetear o sistema e seguir alimentando, mentres se poida, a inxustiza orgánica, o despilfarro e o delirio dunha familia real que é a menos real de todas as familias. Polo menos até que volva pasar.

5 Respostas to “Que xesto? Que precedentes? Que honra? Que de que?”

  1. Antón Abril 21, 2012 ás 10:35 AM #

    O mais cachondo é que “Lo siento mucho. Me he equivocado. No volverá a ocurrir” son 10 palavras😀

    • franplorenzo Abril 21, 2012 ás 10:40 AM #

      pois si que tes razón, iso vén da disparidade nas versións, porque entre que di equivocado e di no o colega fai un impo, un mínimo salouco que pode ser interpretado como “y”, velaí as once, digo eu😉

  2. Ofélia Sintrom Abril 21, 2012 ás 12:55 PM #

  3. aser mendez Abril 27, 2012 ás 1:16 PM #

    que emocion, a bandeira republicana(espeñola)…. admirable, admirable

Trackbacks/Pingbacks

  1. Que xesto? Que precedentes? Que honra? Que de que? - Abril 23, 2012

    […] Que xesto? Que precedentes? Que honra? Que de que? unpaisenlata.wordpress.com/2012/04/19/que-xesto-que-predecen…  por iola hai 2 segundos […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: