Culturgal: obradoiro de autoestima para galegas/os

3 Dec

Ambiente no Culturgal/Foto: web do CulturgalTen que acontecer algo coma o Culturgal, esta fin de semana pasada en Pontevedra, para tirar a un do letargo e devolverlle unhas cantas razóns para poñer por escrito, neste blog, ideas que non teñan que ver co pesimismo, o desasosego, o túnel político polo que camiñamos, o latrocinio ou a precariedade laboral. Alguén virá axiña dar as cifras concretas desta edición, pero quen por alí pasou -foron milleiros e milleiros- puido observar xa os efectos non materiais desta feira única na paisaxe galega. Esta edición do Culturgal foi, cónstame, a máis voluntariosa, a que conseguiu máis con menos e a que reeditou, en versión prêt-à-porter, o milagre deste tempo noso: a multiplicación do pan e dos peixes. É mágoa que quen deseña as políticas culturais deste país non saiba tomar nota do moito que se pode lograr con enxeño, entrega e amor polo que se fai.

Ambiente no CulturgalDos expositores, showcases, presentacións de discos e libros, mesas redondas e debates no Pazo da Cultura de Pontevedra abrollarán, de seguro, froitos e acordos para o futuro. O modelo da feira, ao meu ver, vai achando a súa forma definitiva: unha sorte de bucle de retroalimentación no que o público alenta o desenvolvemento empresarial e as empresas culturais toman a temperatura dos consumidores. Sumado a iso Culturgal exerce un  inestimábel labor de creación de públicos novos -un polo xa fundamental deste encontro, que se cadra esixiría xa unha extensión en paralelo- e dota a cultura galega dunha compoñente socialite e festiva que se agradece. Quen concibe e organiza isto -todo o equipo do Culturgal- non só encarna esa miraxe de facernos vivir, durante unha fin de semana, na realidade inequívoca dunha cultura e dunha lingua normalizada. Non só. O que fan estas mulleres e homes do Culturgal é plantarnos un espello diante da cara e convidarnos a ver o que a crise, o desleixo e o desgoberno moitas veces nos impiden nin sequera imaxinar. Que somos quen e moi quen e que grazas a este xente, todas e todos os que estes días pasamos por alí, recibimos, de balde, un obradoiro de autoestima como pobo e como cultura, que nos rearma nesta travesía do neboeiro. Obrigado.

Unha resposta to “Culturgal: obradoiro de autoestima para galegas/os”

Trackbacks/Pingbacks

  1. Culturgal 2012, os créditos – nócomún - Decembro 5, 2012

    […] pero ante o abismo, miles de mans tiraron de nós e convertiron a casa da cultura galega nun obradoiro de autoestima, a mellor definición do que significa esta cita anual desprexuizada e libre de […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: