Juárez, o negacionista (ou os escraches á dignidade)

16 Apr

Pantoja con Ray-BanPostos a deitar argumentos inconsistentes vou con un. Núñez Feijóo é igual ca Isabel Pantoja porque os dous usan lentes de sol Ray-Ban. Máis cousas en común: moitos espectadores do Luar son seareiros das súas actuacións, os dous teñen amizades perigosas, nin un nin outra teñen pelo no peito, e os dous din en México cousas que non se atreven a dicir en España. Hai outra evidencia que os vencella de maneira ineluctábel, a letra de Marinero de luces

“Marinero de luces, con alma de fuego y espalda morena/
Se quedó tu velero perdido en los mares/
Varado en la arena…”

Semella, nunha análise semiótica,  feita sen moitos reparos, que hai neste retrouso claras alusións ás travesías mareiras de Feijóo e Marcial Dorado, ou mesmo unha referencia encriptada a actividades ilícitas coma o contrabando. Todo isto, pola vía da lóxica surreal aplicada polo Partido Popular, deviría en dous asertos principais: 1) Feijóo merece cadea por blanqueo de cartos e 2) Pantoja é presidenta da Xunta -por moito que os do NON (aka. Bloque) queiran estragar o góstele das súas senlleirísimas galas na Televisión de Galicia-.Juárez, o negacionistaAté aquí a brincadeira. Ocorre que esa lóxica surreal do PP -pola que, nun minuto e sen esforzo, logrei emparentar un político en apuros e unha tonadillera xa desempurada- non serve máis que para iso, para as brincadeiras. Pero non vos riades, como dicía Castelao, porque o conto é triste. A consigna de igualar o nazismo coa práctica dos escraches cobrouse hoxe unha nova vítima: o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez. Leo en El País que Juárez, na senda nutricia de Dolores Cospedal, tamén cre que a denuncia activa diante dos domicilios dos políticos é nazismo.

Tal ignorancia e desprezo polas vítimas reais do nazismo non sería máis que un insulto se quen sostén tal barbaridade non ostentara ademais, coma político, unha representación legal dos cidadáns. Juárez e Cospedal, e os que seguen esa liña absurda de argumentación, están a practicar un negacionismo que, ao meu ver, é constitutivo de delito. Comparar unha protesta na rúa -por moi intrusiva ou incómoda que sexa- coa aniquilación sistemática de millóns de persoas non só putea a realidade dos feitos senón que banaliza o horror. E, alomenos para min, banalizar o horror é o mesmo que negalo.

Non penso explicar aquí o que supuxo para Europa o ascenso do nazismo, e o modus operandi daquelas hostes fóbicas que mudaron o rumbo do continente e da Historia. Pero si sería ben que Juárez lembrara unha cousa. O nazismo non eran grupos de veciños organizados, que atacaban as vivendas dos xudeus. O nazismo foi a expresión dun horror aínda maior e inédito até daquela: todo un aparato de Estado púxose entón ao dispor da aniquilación e da guerra. O exterminio era a única razón de Estado, e ese masacre dirixido -deseñado friamente arredor dunha mesa, unha sorte de consello de ministros- asentouse en leis restritivas (ao primeiro), promulgadas desde o poder, e estourou depois na militarización da sociedade pola vía do medo e da imposición.

Os libros arden mal

Insisto. Resulta tan indigno e inxusto equiparar as protestas civís coa besta na que aniñou o Holocausto que, fóra do descrédito que estas aseveracións botan sobre os negacionistas, só nos resta recomendarlle a Juárez -o que decreta as cargas policiais contra cidadáns indefensos, por certo- que lea, que lea moito, ou que vexa algunha película. Os nazis e o seus acólitos fascistas queimaban libros na Coruña, moi preto do que hoxe é a delegación do Goberno. Contouno moi ben Manuel Rivas n’Os libros arden mal. Hoxe o fascismo neoliberal non queima libros, pero si os evita como se queimaran. Quizais non sería unha mala idea remitirlle a Samuel Juárez esa gran novela de Rivas, ou un manual de Historia no que, simplemente, se conten as cousas como foron.  Ao mellor considérase escrache, e polo tanto nazismo, pero eu penso mandarlle a Juárez Se isto é un home, de Primo Levi á delegación do Goberno. Apuntade o enderezo:

Samuel Juárez

Delegado do Goberno en Galicia

Praza de Ourense, nº11, 15071 A CORUÑA

3 Respostas to “Juárez, o negacionista (ou os escraches á dignidade)”

  1. Montenegro Abril 17, 2013 ás 8:39 PM #

    En realidade, non hai que subestimar o que de nazismo sabe o PP. O seu fundador, que en paz descanse, era todo un experto na materia.

  2. Diego Xuño 28, 2013 ás 2:14 AM #

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: