Dez de trece (O PP de Santiago e a última cea de Viridiana)

14 Oct

The notorious Last Supper sequence in Luis Buñuel's VIRIDIANA.  

Nesta fotografía de familia do Grupo Municipal do Partido Popular en Santiago de Compostela, acabo de marcar cun X vermello os membros que están imputados nalgún sumario xudicial (Premer na imaxe para ampliar). Son dez, de trece, os que teñen algunha causa pendente coa xustiza, entre eles o alcalde, Ángel Currás, imputado pola operación Pokemon. 10 DE 13. DEZ DE TRECE. Hoxe, 14 de outubro, sumáronse sete edís máis do Partido Popular a esta simpática listaxe. A imputación é por un presunto delito de prevaricación, logo de que aprobasen entre todos pagarlle a defensa xudicial a outro membro do executivo compostelán, e do seu partido, tamén imputado. O que se chama un xesto de solidariedade. Quedan tres edís en activo do PPdeG en Santiago de Compostela, 3 DE 13, TRES DE TRECE, sen imputar, polo de agora, nun sumario xudicial.

Tiña a tentación de equiparar o retrato do grupo conservador co d’A Última Cea, de Leonardo da Vinci, pero ben mirado a instantánea que estas señoras e señores lle ofrecen á cidadanía da capital de Galicia é a da Última Cea de Viridiana, o filme de Luis Buñuel. Surrealismo e despropósito. Unidos arredor dunha mesa, poñéndose as botas no seu festín blasfemo e burlándose de quen os votou e de quen non os votou. Só quedan tres e a festa será completa.

3 Respostas to “Dez de trece (O PP de Santiago e a última cea de Viridiana)”

  1. Montenegro Outubro 15, 2013 ás 5:53 PM #

    Acábaseme de ocorrer, agora que están tan de moda as reformas educativas e os informes PISA, que unha forma distinta de medir o fracaso escolar sería analizar a cantidade de individuos corruptos, senvergoñas e sen escrúpulos que chegan aos órganos de dirección e goberno dun país. Visto así o sistema escolar fracasou con esta xente porque non deu feito persoas deles, e nos legou unha sociedade enferma. 10 de 13, é, se non me fallan as miñas matemáticas do BUP, case que o 77% dos representantes do Partido Popular en Santiago de Compostela, o máis votado polos cidadáns compostelán. Teño alumnos e alumnas que non superan as probas, pero son persoas honradas que a bo seguro o día de mañá serán persoas.

Trackbacks/Pingbacks

  1. Dez de trece (O PP de Santiago e a última cea de Viridiana) | Un país en lata - Outubro 14, 2013

    […] Dez de trece (O PP de Santiago e a última cea de Viridiana) | Un país en lata […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: