En galego, correztamente

18 Nov

A precariedade laboral converteunos a moitas e a moitos en seres que camiñan á par dun curriculum vitae en perpetua transformación. Eses c.v. tamén chega á rede, e alí, en Internet, permanecen accesíbeis a todo o mundo. O outro día batín, cuestións de traballo, co quilométrico curriculum vitae dun insigne catedrático da Universidade de Santiago, e no apartado dedicado aos idiomas isto foi o que achei.

IDIOMAS

O primeiro que me sorprende é que un eminente profesor da USC considere un idioma estranxeiro a lingua galega, á par do inglés, do francés e do portugués. Así figura no seu curriculum, polo menos. Que ademais ese profesor sexa galego e teña unha presenza destacada nos medios de comunicación e nas institucións culturais deste país. Até aí, sorpresa maiúscula. Calquera pode considerarse estranxeiro na súa patria, tamén lle pasou a Rosalía, vale. Anyway, o que si me deixa ao bordo da estupefacción é o “correctamente”, ou correztamente, engado. Son eu o único que considera que “correctamente” é un nivel de dominio do idioma inferior a “ben”? Pode ser que un catedrático galego domine mellor o inglés e o francés que a lingua -estranxeira- do lugar no que naceu? Pois si, meus, son cousas que pasan neste país e que explican, en grande medida, por que estamos como estamos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: