Argumentos para a independencia

24 Sep

“Estoy convencido que los catalanes también quieren seguir siendo los propietarios de los Caminos de Santiago y de la Catedral de Santiago y de las Rías Gallegas porque de la misma forma que nos gusta la Costa Brava a los catalanes les gusta (sic) las Rías Gallegas”.

Alberto Núñez Feijóo, Presidente da Xunta, nun

vídeo para Societat Civil Catalana, a coro con Susana Díaz.

A falta de discurso, a oratoria paródica, os pleonasmos de Rajoy, debedores do teorema das mazás e das peras de Ana Botella, a infantilización da cidadanía e agora Núñez Feijóo, agora el. “Como gallego quiero seguir siendo catalán”, di Feijóo. É un paradoxo difícil de asimilar, pronunciado cunhfeijoocoroaa solemnidade que incita ao riso, cando non ao pranto. Faino o presidente da Xunta a coro con Susana Díaz, nun vídeo para a agrupación Societat Civil Catalana. É complicado, pénsese o que se pense arredor deste proceso electoral en Catalunya, non sentir unha profunda aversión diante dos estertores do sistema. Non advertir como a defensa pechada e fanática dun estado de cousas antigo e ameazado reconcilia ás máis diversas siglas políticas. É case imposíbel non correr na dirección contraria da falta de argumentos, do moralismo reseso, do patriotismo asimilador e da inopia ideolóxica. Algún día estudarase nas facultades de Políticas e Comunicación esta campaña. E falarase de como o afán por negar a evidencia e de como a susbtitución da política pola furia imperialista e unificadora, con homilías pola unidade incluídas nas igrexas de España, deveu no principio da fin do Estado español tal como o coñeciamos até agora. Pase o que pase o día 26 a nós tocaranos vivir o principio dese final.

 

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: