Por que NÓS?

18 Dec
IMG_20151218_123746-01

Fotografía da serie ‘Mariñeiros’ de José Suárez. Anos 30. Galiza.

Non amo a miña terra porque sexa a miña. O que amo é a súa soberanía e a súa independencia. Non quero este Estado español, non quero esta Constitución, nin esta monarquía. Prefiro empezar algo novo a tentar emendar o que está podre e nunca foi xusto. Cústame recoñecerme en plural ningún, pero tamén sei con certeza que hai de min e que non hai de min nunha primeira persoa do plural. NÓS. E sei que o nacionalismo de esquerdas, neste país, Galiza ou Galicia, tanto me ten, é unha ferramenta secular, imperfecta desde logo, da que nos fomos dotando todas e todos, por nós mesmas, máis alá de erros e de acertos, de sentimentos e emocións cos que podo empatizar en maior ou menor medida, candidatos, vídeos e campañas electorais. It’s not about feelings.

Isto non empezou onte, non ten o arrecendo das cousas novas, do libro que se abre por primeira vez. É verdade. É un caderno gastado polo uso, máis ben. Pero eu tampouco non nacín onte, nacín hai séculos no berce dos que falaron esta lingua e habitaron este lugar. Son tan irmán do pobo grego coma do pobo de Madrid. A súa loita é a miña tamén. E por iso quero o meu ombreiro á par do seu. Á par. E o meu pobo á par do seu. Porque somos iguais e debemos ter a mesma forza. Non quero un país subalterno, non quero ‘ser premiado’ cun grupo galego no congreso de España, dependendo dos pactos, encaixes e alianzas que deveñan do novo bipartidismo Atresmedia. Non quero diluírme noutra cousa, e moito menos desaparecer. Aborrezo que alguén tente desalentar os meus soños, abaixalos ou dicir que non son reais. Dicíao Fassbinder e dígoo eu tamén: non é a realidade senón os soños os que amplían o horizonte da vida.  O meu soño é a independencia. E a miña vida quero vivila aquí. C’est tout.

4 Respostas to “Por que NÓS?”

  1. eu já vivi hovernos do bng, obrigado. Decembro 19, 2015 ás 12:07 PM #

    Claro, independência. E por isso esmolo um voto para ter x segundos a partilhar com o resto do grupo mixto do estado espanhol.

    Curiosa maneira de buscar a pròpria soberania.

    Miremos as CUP e não o dedo.!

  2. rosa Decembro 22, 2015 ás 7:52 AM #

    Dacordo en todo, en cada letra en cada palabra. Parabéns! Puxeches o meu pensamento por escrito.

  3. lectora Decembro 22, 2015 ás 12:25 PM #

    Durante todas estas semanas foime imposíbel atopar unha soa argumentación medianamente razoábel para votar o BNG. Esta non é unha excepción.

    • franplorenzo Decembro 22, 2015 ás 12:36 PM #

      Tampouco non era a miña intención convencer ninguén. Falaba en por min. De todas maneiras chegaba tarde.😄

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: