Un rapaz sen aldea, un ninguén
30 NovArgumentos para a independencia
24 Set“Estoy convencido que los catalanes también quieren seguir siendo los propietarios de los Caminos de Santiago y de la Catedral de Santiago y de las Rías Gallegas porque de la misma forma que nos gusta la Costa Brava a los catalanes les gusta (sic) las Rías Gallegas”.
Alberto Núñez Feijóo, Presidente da Xunta, nun
vídeo para Societat Civil Catalana, a coro con Susana Díaz.
O affaire Zapata
15 XuñUn par de reflexións ao fío do affaire Zapata. Quen alenta e orquestra esta campaña contra Manuela Carmena e o movemento cidadán Ahora Madrid –Guillermo Zapata é un mero instrumento, iso parece obvio-, non está preocupado pola incidencia que un chiste entrecomillado poida ter na dignidade das vítimas do Holocausto. Estes indignados señores e señoras que agora claman ao ceo por unhas brincadeiras de pésimo gusto son os primeiros que banalizan o Holocausto, ao compararen calquera resposta democrática co Horror máximo dun xenocidio. Carmela Silva, a tenente de alcade de Vigo, cando tildou de “nazis” aos activistas de Coia ou María Dolores de Cospedal ao cualificar os escraches de “nazismo puro”. Banalizar o nazismo, a excepcionalidade da súa barbarie, e facelo desde o poder e contra a cidadanía, é pior que facer chistes de xudeus, ao meu ver. Seguir lendo
‘Cabalos e lobos’ / Toma 4
26 MarVelaquí deixo o derradeiro dos catros book teasers de Cabalos e lobos. Música e imaxe evocan un dos episodios que quixen narrar no meu libro e que divide a novela en dous: a folga xeral na industria viguesa, en setembro de 1972. Iso fai parte da miña memoria familiar e persoal, tamén da memoria da miña cidade. Por iso a sinopse do libro di, na súa primeira liña: “Vigo. Setembro de 1972. Paula acaba de atravesar unha cidade tomada pola policía franquista e colapsada pola folga“. Escribín esa pasaxe coa música de David Bowie na cabeza (Starman, a canción que acompaña o vídeo é xustamente de 1972) e ao lombo dos versos do poemario de Helena de Carlos, Vigo (Galaxia, Dombate, 2007). Se digo que teño devocion por esa autora, pola súa obra e por este libro digo pouco. Os versos seus foron a miña máquina do tempo e do espazo, o lugar no que ficaba apreixada unha lembranza, vivida nun nivel de consciencia anterior a min mesmo, pero que estaba alí, agardándome, dun xeito case milagroso. “Era sector naval,/ lume nas prazas, descargas, pasos cortados,/ a nidia conciencia do ano setenta e dous/ e a construción, rúas medrando no confín das verzas,/ nós xogando ao balón no medio do día”. Grazas Helena!
Ao final do vídeo veredes a data de publicación da novela, Abril 2015, impresa sobre as imaxes da policía reprimindo unha manifestación. Semella unha translación temporal perfecta até un día coma o de hoxe no que o Parlamento español aproba esa Ley de Seguridad Ciudadana (sic) que nos devolve a aquel 1972 dos grises e da Policía Armada. Cunha pequena diferenza, á violencia policial de entón súmanselle agora as multas disuasorias para segar a liberdade de expresión e uns métodos de represión da mobilización propios dunha ditadura de pesadelo orwelliano. O meu libro, se un comité de censura non o impide, por atentado contra a moral e as forzas da orde, chegará ás librarías a partir do vindeiro xoves 16 de abril.
‘Cabalos e lobos’ / Toma 3
19 MarUn concepto atravesa de principio a fin Cabalos e lobos: o espazo e a súa maneira de delimitar a existencia das persoas. Hai outra idea, a de que as cidades nos habitan ao tempo que nós as habitamos. Cifrei en Vigo esas reflexións e nun lugar concreto, Gran Vïa nº2, o edificio Albo, A Rápida, unha rara xoia do racionalismo galego que leva a sinatura do gran arquitecto vigués Francisco Castro Represas, ao que aquí se reivindica expresamente. Gran Vía nº2 é o edificio no que viven os Beckmann, os protagonistas da novela, e tamén o que, coa súa presenza espectral, atravesa/penetra, coma unha columna vertebral ou unha frecha de pedra, o corpo dese atleta que cae nas tres fases dunha fotografía antiga. Ás veces un acerta cando toma unha decisión, e eu acertei cando lle pedín a Roi Fernández, deseñador e músico, que se encargase da portada de Cabalos e lobos, portada que agora publico por primeira vez. Explico por que. Seguir lendo
‘Cabalos e lobos’/ Toma 2
12 MarSorprenderíame que alguén considerase Cabalos e lobos unha novela de guerra. Pero si o é dalgún xeito, desde un punto de vista íntimo. Sobre todo da II Guerra Mundial, vivida desde Vigo, un enclave alleo á contenda, aínda que non fose así con exactitude, e no seo da nutrida e influente colonia alemana da cidade. Bombardeos, refuxios antiaéreos, batallas, desembarcos, soldados, espías, campos de concentración e unha reflexión implícita sobre a derrota e a destrución (Sebald mediante) e as actitudes que delimitan o comportamento humano no medio dun conflito bélico.
Viaxei aos lugares dos que bebe o libro: Lübeck, no Báltico, a cidade de Thomas Mann e tamén berce da familia protagonista, os Beckmann; o porto de Hamburgo, conectado con Vigo polas principais liñas transatlánticas do século XX; e o campo de concentración de Neuengamme. Era necesario. Pero esa viaxe física apenas tería valor sen o concurso doutras dúas viaxes paralelas: a que me levou pola documentación daquel pasado de lume, bombas e barbarie e, sobre todo, a viaxe músical. A música foi a que conseguiu devolverme a todas as épocas das que tiven que escribir: o meu túnel do tempo, o cabalo de Troia que me permitiu entrar, por min mesmo, no relato que quería contar e no magma da historia europea dese momento. Seguir lendo
‘Cabalos e lobos’ / Toma 1
5 MarHai un ano, por estas datas, estaba rematando de escribir unha novela que decidín titular Cabalos e lobos, unha metáfora que exemplifica as actitudes humanas en tempo de conflito e que fala tamén do que hai de salvaxe e tempestuoso en todos nós. Envexo profundamente aquelas escritoras e escritores, coñezo varios, que son guiados polos seus personaxes até a consecución dos seus obxectivos na narración. Non foi o meu caso. Eu diría que tiven máis ben que turrar deles, da súa perplexidade, dos seus medos e dúbidas, que tamén eran as miñas, até concluir o libro, nun estado anímico moi similar ao das heroínas románticas, que deitaban bágoas de desacougo sobre a tinta fresca do seu cálamo. Esaxero. Gústame esaxerar. Recordo, iso si, aqueles días de marzo contemplando o amencer desde esta mesa, e sentado no ordenador, polas noites, fumando Marlboro e ceando fideos chineses, en plena crise dos corenta, como me recorda un amigo. Aquel era o episodio final dunha carreira de fondo que agora, coa publicación do libro, pon fin a catro anos de traballo. Seguir lendo
En galego, correztamente
18 NovA precariedade laboral converteunos a moitas e a moitos en seres que camiñan á par dun curriculum vitae en perpetua transformación. Eses c.v. tamén chega á rede, e alí, en Internet, permanecen accesíbeis a todo o mundo. O outro día batín, cuestións de traballo, co quilométrico curriculum vitae dun insigne catedrático da Universidade de Santiago, e no apartado dedicado aos idiomas isto foi o que achei. Seguir lendo
As nais de todas as series
20 OutNeste 2015 cumpriranse trinta anos das primeiras emisións da Televisión de Galicia. Aquel lonxano 1985 representou, coma quen di, o ano cero da produción audiovisual galega adulta, o comezo da industria da dobraxe con selo autóctono pero, sobre todo, o da formación e fidelización dun público propio, que facía seus certos códigos, secuencias e expresións que xa forman parte da memoria visual colectiva dos espectadores galegos . Naquel big-bang das series estiveron, sobre todas as demais, tres producións internacionais que acadarían a categoría de clásicos: ‘Dallas’, ‘Magnum’ e ‘A Escrava Isaura’. Seguir lendo
A implosión do 17 de maio (Filgueira Valverde, O Escuro Mediador)
7 Xul
Alumno e profesor, Fraga Iribarne e Filgueira Valverde
Ten unha historia centenaria de resistencia e mágoas e é o emblema de oficialidade nun país no que as institucións propias foron prohibidas ou abaixadas no seu rango. Aínda que naceu alén do mar, a Real Academia Galega é unha peza clave na construción do discurso da nación e dos seus símbolos. Paco del Riego ideou para ela o festexo único do Día das Letras e a autoridade da RAG -cifrada en ditames ou recursos xudiciais- foi, en ocasións, o único escudo efectivo contra o que bateron os ataques e agresións ao idioma de Galicia por parte de quen tiña a obriga de defendelo. Por todo iso, porque Academia foi quen de participar no empoderamento dun pobo e dunha cultura desprovista de case todo, é facil querela e respectala.
Ocorre que ese carácter case excéntrico, a abstracta empatía que xera en nós tal asemblea de sabios e contadas sabias, foi caíndo, de a pouco, froito de escleroses, miserias, misoxinias e persoalismos varios. Lamentábeis batallas de egos, rancores, saúdos negados e demais irrelevancias converteron o plenario, aos ollos da xente, nunha opereta decadente, de reseso clasismo, anquilosada no seu machismo e desconectada da realidade. Esa é a percepción que agora opaca calquera dos seus logros. Dedicarlle o Día das Letras Galegas de 2015 a José Fernando Filgueira Valverde –O Escuro Mediador, así me gusta chamarlle- supón un chanzo máis nese proceso de desconexión e alleamento.