Tag Archives: cine

Sobre ‘Cisne negro’, ‘Rocco e i suoi fratelli’ e Annie Girardot

2 Mar

Con todo o obsesiva, escura e desacougante que resulta Cisne negro (Black Swan) de Aronofsky, e a medida que ingresaba eu no seu moi estruturado relato dunha bailarina atrapada polo seu rol interpretativo e pola arela da perfección absoluta, non puiden evitar a comparación con outra película, A pianista, de Michael Haneke. A pianista de Haneke déixache directamente un mal corpo que non o sacodes de enriba en tres días. Puro inferno. E Isabelle Huppert, á beira da moi excelente e oscarizada por ese papel Natalie Portman, semella unha catedrática do padecemento, da autodestrucción e da sordidez á beira dunha aprendiza do mal rollo, bastante escindida e atormentada, todo hai que dicilo. Son, malia todo, películas diferentes e nin ten moito sentido comparalas. Pero hai secuencias de Cisne negro que remiten directamente a ese filme, baseado nunha novela, A pianista (1983) da Nobel de Literatura, Elfriede Jelinek. Sobre todo as que exploran a relación das nais coas súas fíllas: nais controladoras, medio taradas, que só dispensan un afecto doente e que impiden o contacto dos seus prodixios co exterior, recluíndoas nunha atmosfera agobiante, infantilizada, na que o único sentido da vida é o suceso profesional (bailar, tocar o piano…), un éxito alleo que as libere a elas das súas propias frustracións. Seguir lendo