Tag Archives: Galicia Hoxe

Galicia Hoxe (2003-2011): todo perdido/solucionado

29 Xuñ

Non hai responsables, ou hainos pero calan. Hai responsables de mirada sucia que nos miran como ríndose de nós. E nós aceptamos, ou non. Aceptamos, ou saimos ás ruas e berramos. Eu quero ser un mar que avanza. Eu necesito chorar. Eu síntome enferma. Eu quero soñar. Necesito os soños da nación.

(Lupe Gómez, n’O Correo Galego/Xaneiro de 2004)

Ás miñas compañeiras e compañeiros do Galicia

En realidade dáseme bastante ben escribir necrolóxicas. O xornalista cultural adoita especializarse en pasamentos, reaccións de dó e glosas varias sobre os defuntiños aos que mirou marchar. Así que levo unha boa estadea detrás de escritoras e escritores, actrices, actores, pintores, músicos, escultores, polígrafos e prebostes do galeguismo, que esculcan a miña vida profesional e retan diariamente a miña capacidade de expresar a dor colectiva, se a houber, polo seu adeus. Ocorre tamén que neste país o eros e o tanatos acadan sempre un extremo perigoso de fusión/fisión, até o extremo de se confundiren. Ese proceso, tan nocivo como os accidentes nucleares de Fukushima e Chernobil, debe andar na cerna da nosa insá querenza polos mortos. A morte erotízanos, é mesmo así. Hoxe fica na mesa de autopsias ese morto ao que tanto quixen e do que tanto aprendín: Galicia Hoxe (2003-2011), e polo que choro estes días sen consolo. Oito aniños, unha cativa, con toda a vida por diante. Por respeito a ela e as traballadoras que a pariron cada día, afoutas, sen tregua, tentarei, por unha vez, esquivar a poesía e falar con xustiza do meu amor por esa pequena. Seguir lendo