Tag Archives: Greve

Dans grève il y a rêve (Folga xeral)

27 Xan

Dans grève il y a rêve. Literalmente, na greve, na folga, hai un soño. Poida que ese soño non o ache hoxe, en Vigo, no medio dunha manifestación. Pero nin o meu, nin o de ninguén, está, de certo, nun traballo precarizado, nos EREs temporais, nas mentiras da macroeconomía, na flexibilidade ultraconservadora, na perda de dereitos laborais nin nos manexos do capitalismo máis fero. Nada diso é inevitábel. Nada diso debe ser o futuro.