Tag Archives: partido popular

Manuel Fraga: paixón polo poder e amores que matan

16 Xan

Morreu o sátrapa en excedencia, Manuel Fraga (1922-2012). Todo o que se poida dicir sobre o persoeiro fica xa no libro de Gustavo Luca de Tena, Fraga, retrato de un fascista, un excelente traballo xornalístico, convenientemente silenciado, e que o finado non tivo oportunidade de censurar, el que levaba a censura e a imposición ideolóxica no seu ADN despótico.

Nun distraído repaso polos panexíricos e perfís que desde onte á tarde glosan a figura do ex presidente da Xunta conclúo que a capacidade de adaptación, esa evidencia darwiniana, resultar ser o mérito supremo dun político e que a desmemoria que habitamos permite que un ex ministro de Franco, con varios mortos ás súas costas, pase á historia como un “gran servidor público” e un “home de Estado”. Seguir lendo