Tag Archives: PSA Peugeot Citroën

SIT, o brazo armado de Citroën

3 Feb

Hai titulares de prensa que na súa morna asepsia son quen de agochar un tsunami de significados. Por exemplo este que aquí deixo, publicado o pasado 2 de febreiro en El País, e con escasas variacións no resto dos xornais galegos: “La plantilla de Citroën acepta el ERE y más flexibilidad”. En realidade o enunciado é impecábel. Suxeito+verbo+complemento. Estou certo de que relata con xustiza o que aconteceu. Os traballadores votaron e déronlles o visto e prace ás medidas propostas pola factoría. Pero cando se fala da Citroën todas as cautelas son poucas. Seguir lendo