Tag Archives: Rande

A Lei de Rande

21 Mar

Para Arancha, Xandra e Marián

En só dous días subo e baixo a AP-9 en catro ocasións. Santiago-Vigo-Santiago-Vigo-Santiago. A 110 quilómetros/hora. O meu Seat Ibiza, mancado e rebelde como é, agradece ese novo límite, desfrútao diría eu. Porque o límite acouta as súas capacidades e esíxelle só o que pode dar, non máis. E descárgao de responsabilidades e esixencias. O límite de 110 é un maná de xustiza que cae do ceo e que alimenta a autoestima das viaturas vellas e derramadas como a miña. Circulan nun esplendor sen ruídos, ombro con ombro con Audis de amputado orgullo e Mercedes encapsulados neste novo e lento tempo. Sei que esa paridade é unha miraxe e que só durará o que a escaseza de petróleo. Pero os gama baixa,  os proletarios do transporte privado, esprememos hoxe, con avidez, este soño de liberdade, igualdade e fraternidade motora. Seguir lendo