Tag Archives: República

O soño da República, oitenta anos depois

12 Abr

14 de abril. La República, a serie que os luns emite TVE, é, por riba de todo, unha produción para o gran público, un folletín ben redixido, con máis acertos ca desacertos, con mellores e peores interpretacións, cun protagonista moi guapo, Félix Gómez, e cun loábel propósito didáctico: filtrar entre as leas amorosas dos seus personaxes un retrato cabal da II República española. Non é Berlin Alexanderplatz de Fassbinder, nin creo que o pretenda. Pero o que si consegue esta produción televisiva é transmitir, 80 anos depois, o poder icónico e o capital de entusiasmo que perdura no legado daquela controvertida aventura política. Seguir lendo