Tag Archives: Rexina Vega

‘Dark butterfly’ de Rexina Vega: marxes da novela brut

4 Mai

“As creacións da miña fantasía bátenme, perséguenme, ou mellor dito, son eu quen vive delas. Cando describía como Madame Bovary morría envelenada, sentía o sabor do arsénico na lingua; é máis, eu mesmo estaba envelenado até vomitar…”.

(Gustave Flaubert)

Na prosa de Cardume, a primeira novela de Rexina Vega, gañadora do premio Xerais 2007, ficaba descrita con mestría e emoción a limpa esperanza republicana do Vigo prebélico. Cando lin ese libro fermoso, agora traducido ao castelán (Pendragón, 2011), dei en pensar nos emblemas daquel tempo luminoso; a viguesa Urania Mella, por exemplo, combatente antifascista, defensora dos dereitos das mulleres, activista social e cultural, mestra de piano, represaliada. Matinei nun posíbel encontro dela con Urbano R. Moledo, o dramaturgo galeguista que protagoniza Cardume. No teatro García Barbón, ou nun concerto na Escola de Artes e Oficios. Puido ser, antes de que o golpe militar o desfixera todo, naquel porto atlántico no que a xente se coñecía e se chamaba polo nome. Ela, en 1936, evitou in extremis a condea de morte, o seu home e compañeiro de loita, Humberto Solleiro, non, e Urbano tampouco. Urania exemplifica o entusiasmo daquela etapa republicana e Cardume cifra nas súas páxinas a arela dese tempo novo, abafado polo totalitarismo e a barbarie. Seguir lendo