Tag Archives: Xornalismo

A información como peripecia (A síndrome do galego que…)

27 Feb

Non é novo, pero como xornalista, a cada volta, acuso máis esa sensación. A da conversión da información nun relato de peripecias. Se me piden razóns teño algunhas. A primeira unha asumida e absurda competición pola inmediatez. Falo, en concreto, da prensa escrita, que non só teima en trasladar ao papel as máis mínimas vibracións televisivas e o espírito dos medios dixitais e das redes sociais, ao meu ver sen éxito, senón que utiliza a súa páxina web como plataforma veloz do que o xornal vaia contar ao día seguinte. Case ningún medio de comunicación escrito hoxe -pensaba en excepcións alucinantes como o semanario de Hamburgo, Die Zeit e algunha outra que ha de haber- quere ficar á marxe da axenda que impón ese consorcio participado, formado pola TV, o Facebook e os portais web de información. Seguir lendo