Tag Archives: cidadanía

A suspensión da cidadanía na Compostela papal

5 Nov

“A Santiago vou/a Santiago vou/como un peregrino/polo camiño da información…”

Monseñor Barrio Barrio/Los Tamara

Sabelo de antemán non me libra do desacougo. A visita pastoral de Bieito XVI a Santiago, esa que subvencionamos e asumimos á forza, está a derivar nunha suspensión activa da cidadanía. Proscríbese o dereito á manifestación, o dereito á libre circulación e, aínda máis, vulnérase o principio de territorialidade, aquel polo que os estados son competentes para xulgar e sancionar os delitos cometidos no seu territorio. Anunciouno o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, cun candor arraiano do delirio. “Por un día”, tranquilos porque a soberanía só a cedemos “por un día”, as prazas de Compostela serán territorio vaticano. A Igrexa Católica terá competencias “legais e xuridiscionais” na Quintana, no Obradoiro, en Praterías, en Cervantes e na Praza da Inmaculada.

Seguir lendo