Tag Archives: violencia

O día que Feijóo lles dixo ás mulleres: “Libremente podedes ser escravas…”

8 Mar

Os ghostwriters de Feijóo son expertos en sementar o discurso presidencial de citas descontextualizadas que non corresponden, en ningún caso, coas súas leituras e preocupacións ideolóxicas. Tanto ten Pasolini, que Manuel María, que Salvador Allende, que Novoneyra, que Barack Obama. Nesa colaxe, que parece máis a vidreira do tango Cambalache, conviven poetas, filosófos, políticos progresistas e líderes morais da humanidade. O trasfondo desas sabias palabras non é que o arma o discurso de Feijóo, el prefire o significante: a camisa da víbora, a códea do pan, o que cobre, verdadeiramente, o pensamento que aniña no seu significado. Así que a miraxe ten lugar diantes dos nosos propios ollos abraiados. Feijóo cita a Castelao e desactívao. Cita a Rosalía e redúcea até a banalidade. Podería citar a Toni Negri e convertelo nun votante do Partido Popular de toda a vida, presidente da túa comunidade de veciños, ten ese poder. Dálle a volta ás palabras dun poeta coma quen revira un calcetín. Pero ás veces un adverbio, un simple adverbio, delátao e pon sobre a mesa a súa verdadeira face, a que non poden ocultar nin os versos, nin as palabras fermosas que outros rouban e aldraxan para despois poñelas na súa boca e que ninguén as recoñeza. Seguir lendo

Albert Camus, Sortu e os #batasunarequisitos

8 Feb

Como entregado lector de Albert Camus, fun, cos anos, entendendo a presada de leccións morais e filosóficas que o amante de María Casares extraía do fútbol. Para Camus, “non hai lugar de maior felicidade humana que un estadio cheo de fútbol” e aínda que el non coñeceu a mercantilización do deporte, a banalización mediática do xogo, estou convencido de que aínda sería quen de aprezar a poesía colectiva que habita nun campo. Onte mesmo, en Balaídos, un Celta arrollador, 4-0 contra o Numancia, cun pé no ascenso directo e unha equipa que acha na canteira o osíxeno e a forza que precisa, como nunca o fixera até o de agora. A proba de que é posíbel logralo por nós mesmos. Que cómpre talento, ideas, forza e equipo. E de que non son os cartos, ou non sempre son os cartos. Seguir lendo