Tag Archives: pop

Ex Ovo Omnia (Lady Gaga vs. Madonna)

14 Feb

É un debate irrelevante, aínda que non tanto como o da confección de listas para as eleccións municipais. Porén xa produciu máis contidos culturais e reflexións nunha semana do que o monstro do Gaiás leva producido en dez anos. Estoura na rede e ten a súa orixe nunha industria discográfica en franca decadencia, necesitada, eu creo, de big-bangs coma este, que aseguren unha transición exitosa cara á era da dixitalización plena. O título da película é Lady Gaga vs. Madonna, e como todo o que arrodea as dúas megaestrelas do pop global (con permiso de Britney, Kylie e Christina), ten que ver coa grandilocuencia e o exceso paródico propios dun final de ciclo histórico como o que atravesamos. Imos aos feitos logho: Seguir lendo

‘Malos tiempos para la lírica’

1 Dec

É un mantra algo sobado pero perfectamente válido para o tempo de hoxe. Son Malos tiempos para la lírica, o que cantaban os Golpes Bajos. Ás veces semella que unha confabulación de acasos vén traer ao presente imaxes e voces de antano. E por iso dou agora en falar aquí deles, ademirado.

O pasado día 25 converso cun chaval, Marcos, sobre unha acción artística colectiva -Movemento Irmandiño- que xa se desenvolveu na rúa Irmandiños de Vigo, unha aposta por recuperar un espazo abandonado pola autoridade municipal, que foi e é arteria da noite de Churruca. Marcos leva un local no número 13 da rúa, La Fiesta de los Maniquíes, que impulsa esta movida. O nome do garito xa me remite, é obvio, a aquela canción de Golpes Bajos, incluída no LP A Santa Compaña (Nuevos Medios, 1984). O tema, creo que é o que pecha o disco, puido ben integrarse no seu anterior traballo Golpes Bajos (Nuevos Medios, 1983), un minielepé de cinco temas (ficaban aí Malos tiempos para la lírica, No mires a los ojos de la gente o Tendré que salir algún día) pero deberon gardar o hit para engrosar o seu primeiro LP.

A portada do minielepé que deu a coñecer o grupo de Vigo -vencedor na altura dun concurso de maquetas/cassette de Rock Especial- era unha obra de Ceesepe. Na contraportada figuraba unha fotografía realizada por Mario Pacheco, o produtor de Nuevos Medios, a compañía que avalou o lanzamento dunha formación que camiñaba da par do pop internacional do momento. Pois ben, ese día no que La Fiesta de los Maniquíes volve ao meu caletre, coñecera pola mañá a morte de Pacheco, que non só foi o creador da etiqueta Nuevo Flamenco e editor dos traballos de Golpes Bajos ou La Mode, senón que publicou e distribuiu os traballos de The Smiths e New Order e facturou álbumes de Vainica Doble, o xa clásico Buena Vista Social Club ou o xusto rescate do cubano Bola de Nieve (con textos ¡gratuítos! de Camilo José Cela). Na entrevista con Efeeme, vinculada atrás, preguntábanlle a Pacheco:

Pero La Mode nunca gozaron del consenso general que arropó a Golpes Bajos.
Desde luego, con Golpes Bajos todo el mundo estaba de acuerdo. Los descubrió Ordovás, Los Pegamoides los apadrinaron, los Siniestro también, en Rockdelux hablaron muy bien de ellos… Todo el mundo se puso de acuerdo en que era el primer grupo de La Movida que realmente tocaba. Eran los más originales, salían con detallitos de soul, y Germán triunfaba como cantante. Además, sus letras no eran tan sencillotas, eran mucho más elaboradas, más poéticas… Lo nuestro con ellos empezó como el típico contrato en servilleta de cafetería, aquí te pillo aquí te mato.

Seguir lendo