Tag Archives: jazz

J’attendrai/Tornerai (Arqueoloxía dunha canción europea)

21 Xuñ

En xuño de 1940 os alemáns ocupaban París. Ilsa (Ingrid Bergman) e Rick (Humphrey Bogart) escoitan desde unha fiestra, con aceno de preocupación, a arenga dun oficial nazi. “Que demo está a dicir?”, pregunta Rick. “É a Gestapo, din que esperan entrar en París mañá… Instrúen como actuar cando as tropas cheguen…”, respóstalle Ilsa coa ollada perdida. Hai unha pequena pausa dramática, entón ela vólvese cara el mentres amosa a fervenza do seu cabelo loiro en primeiro plano. Ri ironicamente e dille: “Co mundo enteiro derrubándose, e nós escollemos este momento pra namorar…” (“With the whole world crumbling, we pick this time to fall in love”). Desa secuencia da película Casablanca (Michael Curtiz, 1942) van xa alá setenta anos. Daquela, como agora, o mundo asistía a un colapso. Só o amor, agora e entón, en todas as súas formas, permanecía intacto no medio da desfeita. E a música, unha melodía como a que hoxe quero compartir aquí: J’attendrai. Seguir lendo